Escoitar

O rexedor valora o "gran arraigo" da Copa Vigo de fútbol, que entra nas semifinais<br />

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación dos clubs participantes na Copa Vigo, o torneo de fútbol máis antigo de Vigo e de Galicia (nacido en 1933).

venres, 3 xuñ 2016
1464960684deportes.JPG
O rexedor felicitou ao fútbol local por esta competición na que o Concello envorcouse por cuarto ano consecutivo (premios en metálico para campión e subcampión masculino e feminino) e considerouna de "gran arraigo" na cidade.

Durante un cuarto de hora, o alcalde conversou coas entidades deportivas e os representantes da Federación Galega de Fútbol, chanceou con que lle gustaría estar "nos banquiños na final da Copa Vigo" como adestrador e lembrou a total disposición municipal en canto ao proxecto para novos campos de fútbol.

Como novidade respecto das últimas edicións o campo federativo de Coia acolle as semifinais masculinas este sábado a partido único: Gran Peña-San Esteban (18:00) e La Guía-Candeán (20:15). A final, o 11 de xuño no Vao polas obras do estadio municipal de Balaídos.

A Copa Vigo masculina comezou o pasado 12 de maio cos cruzamentos previos e xa disputou tamén oitavos e cuartos, todos a partido único. Inscribíronse 18 equipos e só quedan catro, os tres clubs vigueses de 1ª Autonómica (Candeán, Gran Peña e San Esteban) e un de 2ª (La Guía).

Na IV Copa Vigo feminina, que se iniciou con oito equipos, xa hai un semifinalista, o Sárdoma, mentres que o outro sairá da eliminatoria Matamá-El Olivo, pendente das datas dos partidos de ascenso do Olivo. Sempre disputaron a final Olivo e Sárdoma, con triplete para aquelas.
Descargar todas as imaxes