O calendario de rutas de tapas promovido polo Concello continúa ata o 19 de xuño en Pi y Margall e Torrecedeira
Dez establecementos do entorno de Pi y Margall e Torrecedeira, explicou este venres o alcalde de Vigo, participan desde este venres e ata o próximo 19 de xuño na terceira edición do Petisquiño, iniciativa que forma parte do calendario de rutas de tapas que promove o Concello ao longo de todo o ano.
A organización desta cita corre a cargo da Federación Provincial de Hostelería (FEPROHOS), Zona Comerciantes Pi y Margall e a Asociación de Comerciantes e Empresarios Zona Torrecedeira, co patrocinio do Concello de Vigo, que promove o calendario de rutas de tapas pola cidade, ao longo de todo o ano e sen coincidencia de datas.