O alcalde pide á Xunta adiantar a reunión sobre o autobús "express" ao aeroporto de Vigo
<br /> Tras ter recibido un escrito da Dirección Xeral de Mobilidade convocando unha reunión para o vinte de xuño, Abel Caballero instou á Xunta de Galicia a adiantar esta cita e abordar a subvención dun autobús directo a Peinador, como xa fai o goberno autonómico en Santiago de Compostela con 340.000 euros.
O alcalde de Vigo explicou que o goberno que preside ten "moita máis présa" na celebración desta reunión e solicitou adiantala para este mesmo luns. Caballero insistiu en que non quere "esperar" ata o vinte de xuño: "urxímoslles a ter as reunións que fagan falta, pero xa".
O rexedor reclama da Xunta de Galicia que subvencione unha liña de bus "express" ao aeroporto de Vigo como xa fai coa terminal de Lavacolla, en Santiago de Compostela, onde adica 340.000 euros.
Na carta remitida, a Xunta de Galicia solicitou "información" sobre a liña do autobús urbano que chega ao aeroporto de Vigo. Caballero confirmou que se enviará toda a documentación, mais reclamou do goberno autonómico que deixe de "marear a perdiz", pois a conexión reclamada ten que ser un transporte "express", específico para ese fin e adaptado aos horarios de saída e chegada dos avións.