O Concello abre unha liña de axudas para instalar ascensores e mellorar a accesibilidade en edificios
Segundo informou Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de aprobar as bases do programa de axudas á instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios, dotado con case 50.000 euros. <br />
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde ás bases reguladoras destas axudas, que os interesados poderán solicitar durante un mes desde a publicación no BOP desta convocatoria.
Explicou Caballero que o goberno que preside pretende con esta iniciativa promover a primeira instalación de ascensores, ramplas e plataformas elevadoras, ademais de calquera instalación que permita salvar desniveis nos accesos ao portal e as vivendas.
O alcalde vigués manifestou que foi "notable ver o efecto dos ascensores nos edificios de Coia", que foron instalados recentemente e que "cambiaron a vida" ás persoas, fundamentalmente de idade avanzada, que vivían nestes inmobles
Automoción
Tamén na Xerencia de Urbanismo, Abel Caballero informou da concesión de licencia de primeira ocupación á nave de Borgwarner, empresa de componentes da automoción sita no número vinte da Estrada a Zamáns. A edificación ten unha superficie de case 13.000 metros cadrados.
En segundo lugar, e igualmente do sector da automoción, o Concello tamén autorizou a Benteler as obras de ampliación das súas instalacións na Estrada da Venda. A empresa ampliará a súa nave en 5.400 metros cadrados en total, cun orzamento de case millón e medio de euros. Caballero asegurou que estes permisos dan mostra do "dinamismo" do ámbito do automóbil en Vigo.