Escoitar

Vigo súmase á campaña "Por ser niña" contra a violencia e discriminación das nenas no mundo

A ONG Plan Internacional vén de presentarlle a Abel Caballero a campaña "Por ser niña", que busca concienciar á cidadanía sobre a discriminación e violencia sufrida por millóns de nenas en todo o mundo. O rexedor amosoulles o apoio e participación do goberno municipal con este proxecto.

venres, 3 xuñ 2016
1464960147nenas.jpg
No encontro mantido con Concha López, directora de Plan Internacional en España, o alcalde amosoulle o apoio do Concello á campaña "Por ser niña" que quere concienciar á sociedade sobre a discriminación e a violencia que sofren millóns de nenas en todo o mundo.

Caballero comprometeu a "participación activa" do goberno local nas accións que realicen na cidade para apoiar o seu labor a prol da infancia, singularmente das nenas, sinalando que "queremos que parte da cooperación internacional de Vigo vaia dedicada a este fin".

Plan Internacional é unha ONG nacida en España no ano 1937 e dedicada ao desenvolvemento e axuda humanitaria, traballando polos dereitos da infancia e polo fin da pobreza infantil. Segundo apuntou o rexedor, nestes momentos, está presente en 70 países axudando a máis de 81 millóns de nenas e nenos e o próximo 12 de xuño, conmemorarán o Día Internacional Contra o Traballo Infantil, que afecta a 168 millones de nenas e nenos no mundo.

Para ilustrar a importancia desta loita, o alcalde destacou algúns datos que manexa Plan Internacional, por exemplo, que na actualidade hay 62 millóns de nenas en idade escolar que non van á escola, 140 millóns de nenas e mulleres que sufriron mutilación xenital e 39.000 nenas que se ven obrigadas a casarse cada día. Ademais, como presidente da FEMP, ofreceu o apoio da entidade para que todos os concellos españois fagan súa a campaña "Por ser niña".
Descargar todas as imaxes