Vigo pecha 2015 cun superávit superior aos 22 millóns de euros
O Pleno da Corporación tomou coñecemento este mércores da liquidación do orzamento municipal de 2015, que arroxa indicadores positivos e consolida a Vigo como a cidade coas finanzas máis sólidas de España, en verbas do edil de Facenda. Jaime Aneiros subliñou a execución do 90% do orzamento, a débeda cero do Concello e o pago a provedores nun prazo de dez días.
A sesión plenaria deste mércores tomou coñecemento da liquidación do orzamento do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos no 2015, que resulta cun superávit superior aos 22 millóns de euros.
O concelleiro de Economía e Facenda, Jaime Aneiros, explicou o documento, que presenta "sete parámetros positivos": o resultado da liquidación, o remanente de Tesourería, a estabilidade orzamentaria, a regra de gasto, o obxectivo de estabilidade financeira, o aforro neto positivo e o cumprimento do prazo legal de pago a provedores.
Aneiros engadiu que a liquidación consolida a Vigo como a urbe española coas finanzas máis sólidas, un "referente" entre as administracións públicas. O edil ofreceu algúns datos, como que o Concello paga aos seus provedores nun prazo de dez días, que no 2015 realizou abonos por valor de 218 millóns de euros e que a administración local ten débeda cero cos bancos, cando no 2006 cada vigués debía 300 euros.
Na quenda de réplica, a Marea de Vigo manifestou ver "arbitrariedade" nalgunhas partidas orzamentarias e puxo en cuestión o control ás concesionarias municipais. Rubén Pérez citou exemplos como os 224.000 euros que quedaron sen executar do coñecido como "cheque social", os 440.000 euros do plan de emprego ou 331.000 euros pendentes de accións turísticas, mentres que en programas de Alcaldía se adicou case un millón de euros cando a partida orzamentaria era de 75.000 euros.
Pola súa banda, o grupo municipal do PP asegurou que o superávit rexistrado reflicte "incapacidade" do goberno de Vigo para executar o orzamento e citou como exemplo o gasto do 60% dos investimentos previstos para o 2015. Elena Muñoz argumentou esta denuncia con gastos de emprego, comercio e turismo.
O goberno de Vigo retou á oposición municipal a presentar "un só dato negativo da liquidación de 2015", en verbas do seu concelleiro de Facenda. Aneiros replicou que Vigo é a cidade galega con menor presión fiscal e que, froito do superávit, existen investimentos que se executan na cidade neste ano. Reiterou por último a execución do 90% do orzamento programado, respectando as obrigas cos provedores.
Outros asuntos
Tamén de ámbito económico, deuse conta no Pleno deste mércores da aprobación dos marcos orzamentarios para 2017-2019 e da memoria do Tribunal Económico-Administrativo de 2015. No primeiro dos puntos, Aneiros explicou que é un requirimento legal o envío ao Estado dunha programación plurianual, documento no que a oposición asegurou non ver estratexia política para o medio prazo e o goberno de Vigo manifestou que a planificación inclúe continuar sendo a cidade con menor presión fiscal de Galicia.
No tocante á memoria do 2015 do Tribunal, o concelleiro de Facenda agradeceu o traballo dos funcionarios e informou da celebración de 250 reunións co resultado doutras tantas resolucións. Marea de Vigo solicitou unha campaña de divulgación que promova o coñecemento e o emprego por parte da cidadanía desta ferramenta e o PP manifestou preocupación polo incremento, constante desde 2010, das resolucións do Tribunal.