A Escola Municipal de Teatro celebra o "Día Mundial do Teatro"
O 27 de marzo celebrouse en todo o mundo o "Día Mundial do Teatro". Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o xoves 31 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnos/as da Escola.
Ao comezo deste acto lerase a mensaxe do Día Mundial do Teatro cuxo autor, este ano, é o director teatral de orixe polaco Anatoli Vassiliev.
A entrada a este evento é libre e gratuíta ata completar o aforamento.
Descargar todas as imaxes
A entrada a este evento é libre e gratuíta ata completar o aforamento.