xoves, 31 mar 2016
O alcalde anunciou este xoves reforzos no VITRASA e na limpeza o sábado e o domingo, fin de semana na que coinciden a Reconquista e o derbi. En limpeza, o goberno de Vigo aumenta a dotación de vehículos e operarios no casco vello e en Balaídos. No transporte, o C1 amplía horarios e frecuencias, e habilítase un servizo especial para conectar Navia e a Travesía co centro.
xoves, 31 mar 2016
Os máis pequenos da casa celebraron este xoves a súa particular festa da Reconquista cun desfile polas rúas do Casco Vello, no que participou o alumnado do CEIP Ramón y Cajal, do CPR Niño Jesús de Praga, do Colexio Mercantil, do CEIP Igrexa Candeán, do Colexio Carmelitas e do CEIP Altamar. Para Abel Caballero, a "Reconquistiña", serve para que as nenas e nenos vigueses "aprendan a tradición e gocen da festa", que encherá de actividades a parte vella da cidade durante esta fin de semana con mercado, representacións históricas para rememorar a expulsión dos franceses, música e baile tradicional, espazo infantil e concertos para todos os públicos.
xoves, 31 mar 2016
O rexedor entregou este xoves pola mañá os premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil de Aqualia, co que a empresa queren facer entender ao alumnado de Primaria e Secundaria a importancia deste ben de maneira que traballen para adquiran hábitos responsables con respecto ao seu consumo e á súa depuración.