A Corporación aproba un novo regulamento plenario que inclúe o 35% das emendas da oposición
Os votos do goberno de Vigo validaron este mércores a aprobación inicial do novo regulamento do Pleno, un texto que inclúe 8 das 23 emendas presentadas pola oposición e que conta cun consenso do 90%. Carlos Font valorou un documento "máis democrático", máis transparente e que facilita o acceso á información.
A aprobación inicial do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Vigo saíu adiante na sesión deste mércores cos votos do grupo de goberno e a oposición da Marea e do PP.
Polo goberno de Vigo, Carlos Font defendeu este "gran regulamento", chamado a "perdurar no tempo", que recolle o bo do anterior texto de 2000 e incorpora melloras. O edil asegurou que o novo texto é "máis democrático" e facilita a entrega da información, é máis avanzado no tocante a transparencia, regula as accións dun goberno en funcións, regula o traspaso de poderes entre o goberno saínte e o entrante e garante o desenvolvemento das funcións dos concelleiros no transcurso do Pleno, ademais de regular a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos.
Font salientou que, durante a tramitación, foron aceptadas o 35% das emendas propostas polos grupos políticos da oposición, un total de oito sobre as vinte e tres presentadas, co que o novo regulamento aprobado hoxe en fase inicial conta con consenso do 90%, entre o proposto e o aceptado, subliñou o concelleiro.
A Marea de Vigo opúxose, xunto ao PP, ao texto. O voceiro da formación asegurou que a protesta do público no Pleno -regulada no novo texto- é lexítima cando se incumpren os convenios laborais. Pérez ve criterio "arbitrario" no acceso a expedientes e pide avanzar na participación democrática. Reclamou tamén a Marea que a Comisión de Vixilancia da Contratación audite ás empresas e, por último, requiriu a retirada do texto para ser consensuado. O PP denunciou que o regulamento limita a participación cidadá e a acción dos grupos municipais, indo contra a transparencia e a liberdade de expresión, segundo afirmou a súa voceira. Elena Muñoz censurou a eliminación de artigos sobre fiscalización do goberno e asegurou que se abre a porta a "discrecionalidade" na entrega de documentación.
O goberno de Vigo reiterou que o novo regulamento plenario supón un avance en materia de transparencia e democracia. Carlos Font recordou, para pechar o debate, que o goberno de Vigo aceptou o 35% das emendas propostas pola oposición e suma nos seus contidos un 90% de consenso.