venres, 1 abril 2016

O Concello cede ao IGVS parcelas por valor de 1.200.000 euros para construír vivenda social

venres, 1 abr 2016

A Xerencia de Urbanismo aprobou este venres a cesión gratuíta de dúas parcelas na avenida Ramón Nieto para a construción dun máximo de 22 vivendas en cada unha delas e a doazón dun terreo na rúa Canicouva na que se poderá erguer unha edificación de 4 alturas. Ámbalas propiedades do patrimonio municipal suman un valor de 1.200.000 euros e nelas o Instituto Galego de Vivenda e Solo construirá vivendas de promoción pública.

O Concello cooperará coa organización do 25 aniversario da Facultade de Ciencias do Mar

venres, 1 abr 2016

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres a cooperación do Concello coa celebración que a Facultade de Ciencias do Mar está a organizar con motivo do seu 25 aniversario o próximo curso académico. Logo de manter un encontro coa decana, María Amelia Coello, e co catedrático emérito Federico Vilas, Caballero eloxiou o cuarto de século de presencia na cidade dunha facultade "cun historial de investigación e docencia excepcional".

O alcalde recibe a camiseta da Vig-Bay 2016

venres, 1 abr 2016

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Pilar Ruíz e Mar Mariño, da organización da Vig-Bay, que lle entregaron a camiseta desta décimo sétima edición e con quen o rexedor tivo a oportunidade de "constatar que a organización marcha perfectamente". A media maratón celébrase o próximo 10 abril percorrendo os municipios Vigo, o punto de saída, Nigrán e Baiona, o punto de meta.

"Paseo polo Vigo literario"

venres, 1 abr 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este paseo polo Vigo literario o sábado, 9 de abril, ás 11.30 horas guiado por Fran P. Lorenzo.Saída da rúa Privada Moderna. Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos

Obradoiro de improvisación teatral

venres, 1 abr 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas que terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.

Curso de escritura creativa para adultos Obradoiro literario "Aliteraclara"

venres, 1 abr 2016

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos "obradoiro literario Aliteraclara" impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com