mércores, 30 mar 2016
A Corporación Municipal aprobou na sesión deste mércores dúas modificacións de crédito: unha para amortizar 7 millóns de débeda municipal con cargo ao superávit e outra para facer fronte a investimentos en humanizacións e nas obras da grada de río do Estadio de Balaídos por unha contía total de 7.100.000 euros, empregando unha parte do remanente da liquidación dos orzamentos de 2015.
mércores, 30 mar 2016
Os votos do PSOE e Marea deron luz verde a unha moción solicialista na que se insta á Xunta a que inclúa na modificación de Lei de Área Metropolitana o tratamento de Vigo como capital de provincia. Tal e como defendeu o concelleiro Carlos López Font, esta inclusión foi un dos acordos acadados durante as reunións cara á modificación desta norma.
mércores, 30 mar 2016
Os votos do goberno de Vigo validaron este mércores a aprobación inicial do novo regulamento do Pleno, un texto que inclúe 8 das 23 emendas presentadas pola oposición e que conta cun consenso do 90%. Carlos Font valorou un documento "máis democrático", máis transparente e que facilita o acceso á información.
mércores, 30 mar 2016
A Corporación Municipal aprobou este mércores unha declaración institucional na que amosa a súa desaprobación ao acordo acadado entre os Xefes de Estado e do Goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a este país de todos os emigrantes, incluídos os demandantes de asilo sirios.
mércores, 30 mar 2016
Nesta 25ª edición daránse cita no recinto feiral do IFEVI, do 2 ao 10 de abril, un total de 48 marcas de coches e motos que o converten no terceiro máis importante de España. O segundo tenente de alcalde, David Regades, participou este mércores na presentación.
mércores, 30 mar 2016
O 27 de marzo celebrouse en todo o mundo o "Día Mundial do Teatro". Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o xoves 31 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnos/as da Escola.
mércores, 30 mar 2016
O Museo Liste convoca o III Concurso de Fotografía co que se pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. "Vigo: símbolos da cidade" é o tema elixido para este ano coa intención de recoller aqueles símbolos que os cidadáns consideran representativos da cidade olívica. Prazo de admisión das obras ata o 3 de maio de 2016 ás 14:00 h.