Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 31 mar 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 1 DE ABRIL DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria extraordinaria e urxente do 11 de marzo e extraordinaria e urxente do 15 de marzo de 2016.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas, Decretos e Autos:

a) Expte. 9447/111. X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 435/2015 PA. Demandante: MANUEL MATAS PADILLA. Obxecto: resolución do TEA do Concello de Vigo de 27.07.15 (dilixencia de embargo en relación con dúas sancións de tráfico) Estimado o recurso.

b) Expte. 9550/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº PA 525/2015. Demandante: RAMÓN SALVADOR GONZÁLEZ CAMPOS. Obxecto: resolución de 2.09.15 (E.P.)Reclamación patrimonial administrativa-danos en vehículo por caída árbore na Avda de Castelao (Expte.: 3884/243) Estimado parcialmente o recurso.

c) Expte. nº 9518/111. Decreto do X. de 1ª Instancia nº 13 de Vigo no Procedemento Monitorio 872/2015. Demandante: VIAJES SANT YAGO. Obxecto: reclamación de pagamento de 3 facturas (avións e hoteis) do 27 e 30.04.10. Declárase rematado o procedemento.

d) Expte. nº 8246/111. Sentenza do TSXG. Sala do Social no rec. Suplicación 3908/2015. Obxecto: Sentenza estimatoria parcial do Xulgado do Social nº 4 de Vigo (Reforzo). Demandante: Susana Bernardez Fernández, Rosa Barandela Vázquez e Patricia Villar Posada.Obxecto: "despedimentos" do 01.08.13: cesión ilegal e improcedente. Desestimado o recurso de suplicación.

e) Expte. nº 7975/111. Auto do X. Social nº 1 de Vigo no procedemento Ordinario nº 302/2013 . Demandante: BEGOÑA BUJÁN OTERO. Obxecto: Reclamación de cantidades e declaración de cesión ilegal. O Auto remata a fase de execución da sentenza dictada no seu momento no procedemento de referencia (p.o. 302/2013).

f) Expte. 8000/111. Auto do X. do Social nº 4 de Vigo no procedemento Ordinario nº 314/2013. Demandante: VERÓNICA COSTAS RODRÍGUEZ. Obxecto: Declaración de cesión ilegal. O Auto acorda executar a sentenza dictada no proced. 312/14.

g) Expte. 9561/111. Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº PA 547/2015. Demandante: SILVIA GONZÁLEZ PEREIRA. Obxecto: resolución do 26.01.16 (E.P.). Reclamación patrimonial administrativa, danos no vehículo pavillón do Berbés (Expte. 4702/243). Estimado o recurso.

h) Expte. 9549/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 590/2015 P.A. Demandante: MARÍA ANTONIA QUIRÓS MORO. Obxecto: resolución do 25.09.15. Reclamación patrimonial administrativa, caída na vía pública (Expte.4583/243). Desestimado o recurso.

i) Expte. 9551/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº PA 594/2015. Demandante: JOSÉ RAMÓN PÉREZ DOMÍNGUEZ. Obxecto: resolución do TEA do Concello de Vigo. Dilixencia de embargo, sanción de tráfico (Expte.3935/550 e 27455/700). Estimado o recurso.

k) Expte.9570/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº PA 607/2015. Demandante: NATIVIDAD MONTENEGRO DOMÍNGUEZ. Obxecto: resolución 27.01.2016, reclamación patrimonial administrativa, caída na vía pública (Expte. 4417/243). Estimado parcialmente o recurso.

l) Expte. 9081/111. Sentenza do TSXG, Sala do Contencioso-administrativo, Sección nº 1, Apelación 383/2015, interposto contra Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo no RC-A nº PA 132/2015. Demandante: MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ. Obxecto: XGL 23.01.15,procedemento disciplinario, S.E.I. Desestimado o recurso de apelación.

m) Expte. nº 8230/111. Sentenza do TSXG, Sala do Social, Suplicación 455/2015, contra Sentenza do Xulgado do Social nº 4 de Vigo (REFORZO). Procedemento: 1042/2013 (Dereitos fundamentais) Demandante: María Asunción Pérez González. E.P. cesión ilegal e despedimento improcedente. Desestimado o recurso de Suplicación.

n) Expte. 7928/111. Decreto do X. do Social nº 1 de VIGO no procedemento: 301/2013 (MSCT). Demandante: BEGOÑA BUJÁN OTERO. Desestimento da actora.


o) Expte, 9578/111. Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 542/2015 PA. Demandante: GESTIÓN SANITARIA GALLEGA SLU. Obxecto: Resolución 27.03.15 (e 8.05.15 en reposición). Sanción contaminación acústica. Desestimento da actora.

p) Expte.7393/111. Sentenza do TSXG da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, RC-A nº 7842/2011 PO. Demandante: PURIFICACIÓN RIVEIRO PEREIRA. Obxecto: Resolución da APV do 25.04.11, reclamación patrimonial administrativa, caída na rúa Eduardo Cabello-Bouzas (Expte. 1959/423). Desestimado o recurso.

q) Expte. 9477/111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº PA 498/2015. Demandante: AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO. Obxecto: providencia de constrinximento IBI-2014, 3 recibos (Expte. 3901/550 e 27073/700). Declara a caducidade do recurso.

r) Expte. 9579/111. X. Contencioso-Administrativo nº2 de Vigo no RC-A nº 1/2016 PA. Demandante: CONCEPCIÓN MENDUÍÑA ÁLVAREZ. Obxecto: Resolución do 11.09.15, reclamación patrimonial administrativa, caída ao subir a un autobús de transporte público (Expte.4551/243) Desestimado o recurso.

s) Expte. 9499/111. Decreto do Xulgado do Social nº 5 de VIGO no procedemento: 863/2015 PO (cantidades: retribucións por categoría e carreira). Demandante: Mª ISABEL PÉREZ RODRÍGUEZ. Desestimento da demandante.

t) Expte. nº 8387/111. Sentenza do TSXG, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª. Apelación 4529/2015 contra Sentenza desestimatoria do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, RC-A nº 10/2014 PO. Demandante: C.P. SANJURJO BADÍA, 167 de VIGO. Obxecto: Desestimación presunta da reclamación patrimonial administrativa de danos por filtración de auga. Estimado o recurso de apelación.

u) Expte. nº 8637/111. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 2ª, apelación 4482/2015, contra Sentenza desestimatoria do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Vigo, RC-A nº 127/2014 PO. Demandante: MARY SOL RIVEIRO RODRÍGUEZ. Obxecto: desestimación presunta de reposición. Solicitude do 28.05.12 (molestias na pista polideportiva en Oia). Estimada parcialmente a apelación.



BENESTAR SOCIAL
3.- Revisión de prezos do contrato do Servizo do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social. Expte. 119479/301.

DEPORTES
4.- Proxecto de convenio de colaboración coa Entidade Sárdoma C.F. en base ó desenvolvemento do Proxecto xeral da actividade da entidade considerada de elite na tempada deportiva 2015/2106. Expte. 14964/333.

5.- Proxecto de convenio de colaboración coa Entidade Club Balonmán Seis do Nadal-Coia en base ó desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade considerada de elite na tempada deportiva 2015/2016. Expte. 14956/333.

6.- Proxecto de convenio de colaboración coa Entidade Halcones de Vigo Béisbol Club en base á desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade considerada de elite na tempada deportiva 2015/2016. Expte. 14971/333.

7.- Proxecto de convenio de colaboración coa Entidade Vigo Rugby Club en base ó desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade considerada de elite na tempada deportiva 2015/2016. Expte. 14970/333.

8.- Proposta de autorización para a organización do I Duatlon Cidade de Vigo o vindeiro 3 de abril de 2016. Expte. 14703/333.

9.- Proposta de autorización para a organización do XVII Trofeo Cidade de Mountain Bike Maraton-Vigo Bike Contest, o vindeiro 3 de abril de 2016. Expte. 14827/333.

EMPREGO
10.- Proxecto de convenio coa "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos" no Marco do Fomento do Emprego para a potenciación do acompañamento e apoio ás vítimas de violencia de xénero. Expte. 12641/77.

PATRIMONIO
11.- Cesión e uso do edificio da Escola de Comercio na Rúa Conde de Torrecedeira á Universidade de Vigo. Expte. 15701/332.



RECURSOS HUMANOS
12.- Complemento de produtividade por toxicidade das brigadas de pavimentación do Parque Móbil e de Vías e Obras, correspondente ao mes de xaneiro 2016. Expte. 27692/220.

13.- Recurso de reposición contra o acordo da XGL de data 14.01.16, de adopción de medidas cautelares na OEP 2010-2011 (2ª fase da convocatoria). Expte. 27548/220.

14.- Dar conta de resolucións do concelleiro-delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Reasignación de Dna. Carla Candia Paz, Técnica de Admón. Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo, á Área de Recursos Humanos e Formación do Concello de Vigo. Expte. 27795/220.

b) Readmisión de Dna. Begoña Buján Otero en execución de Auto do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditado no procedemento 302/2013, e de Dna. Verónica Costas Rodríguez en execución do Auto do Xulgado do Social número 4 no procedemento 314/2013. Expte. 27750/220.

c) Dar conta do expediente 27790/220, sobre liquidación de intereses na execución 310/2015, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, no procedemento ordinario 1238/2012, seguido a instancia de Dna. Mª Isabel Pérez Rodríguez. Expte. 27859/220.

d) Adaptación de posto de traballo do empregado D. Éctor Conde Lorenzo, oficial sepultureiro, na oficina administrativa do servizo de Cemiterios. Expte. 26171/220.

e) Atribución temporal de funcións de D. Francisco J. González Yebra-Pimentel, na Área de Fomento. Expte. 3801/440.

f) Autorización de realización de prácticas dunha alumna do "Instituto Erudite Investigación Social y Ambiental" no servizo VIGOZOO. Expte. 27829/220.

h) Autorización de realización de prácticas dunha alumna da "Escola de Tempo Libre Xaruma" no servizo VIGOZOO. Expte.: 27830/220.

i) Autorización de xornadas de reforzos da Policía Local no mes de marzo de 2016. Expte. 27822/220.

k) Encomenda de funcións de Dna. Raquel Abalde Comesaña. Expte. 27258/220.

l) Encomenda de funcións de Xefe de Sala de Proceso de datos de D. Francisco Espiñeira Álvarez. Expte. 7319/113.

15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 1 de abril de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 30 de marzo de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.