Escoitar

O goberno local aprobará mañá venres o borrador da Lei de Área Metropolitana e as emendas que reclama Vigo

Abel Caballero avanzou esta mañá a intención do goberno local de aprobar mañá venres o borrador de Lei de Área Metropolitana que enviou á Xunta, nunha votación na que tamén incluirán as emendas que reclama o Concello. Singularmente, dixo, que Vigo sexa tratada como capital de provincia de cara a contar os correspondentes servizos públicos.

xoves, 31 mar 2016
A Xunta de Goberno Local dará luz verde mañá venres ao borrador de Lei de Área Metropolitana que enviou a Xunta a todos os concellos implicados. A este respecto, o alcalde matizou en declaracións aos medios que o goberno local tamén vai aprobar as "suxestións" que lle gustaría foran incluídas no texto -tal e como se tratou nas reunións entre alcaldes previas ao acordo. Singularmente, Caballero referiuse a que Vigo teña os servizos de capital de provincia tanto no ámbito autonómico como estatal, un tratamento "imprescindible no século XXI", tendo en conta que Vigo é a cidade máis importante de Galicia e está situada entre as tres primeiras do noroeste peninsular.