Escoitar

O Concello cede ao IGVS parcelas por valor de 1.200.000 euros para construír vivenda social

A Xerencia de Urbanismo aprobou este venres a cesión gratuíta de dúas parcelas na avenida Ramón Nieto para a construción dun máximo de 22 vivendas en cada unha delas e a doazón dun terreo na rúa Canicouva na que se poderá erguer unha edificación de 4 alturas. Ámbalas propiedades do patrimonio municipal suman un valor de 1.200.000 euros e nelas o Instituto Galego de Vivenda e Solo construirá vivendas de promoción pública. <br />

venres, 1 abr 2016
O alcalde informou este venres pola mañá da aprobación por parte da Xerencia de Urbanismo da cesión gratuíta de tres parcelas do patrimonio municipal para a construción de vivendas sociais por parte del Instituto Galego de Vivenda e Solo. Así, anunciou que o goberno local pon "a disposición da Xunta 1.200.000 euros en parcelas para que edifique vivenda social vivendas de promoción pública" e apremou á administración autonómica a que inicie a edificación con rapidez.

O Concello cede ao IGVS dúas parcelas en Cambeses - rúa Ignacio Grobas, situadas na avenida Ramón Nieto, unha de case 1.600 metros valorada con capacidade para erguer 22 vivendas en cinco alturas, e outra de máis de 1.600 metros cadrados coa mesma capacidade construtiva; ámbalas dúas suman un valor de 586.000 euros. A doazón ao IGVS inclúe tamén outra parcela na unidade de actuación Chantada, na rúa Canicouva, de 1.500 metros cadrados para unha edificación de 4 alturas nunha parcela valorada en 640.000 euros.