luns, 30 mar 2015
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade esta proposta do goberno local, despois de que unha organización internacional situase á cidade olívica como a mellor de Galicia no Índice de Transparencia 2014, con 95 puntos sobre 100. A Federación Española de Municipios e Provincias felicitara ao Concello e invitouno a sumarse á citada Rede.
luns, 30 mar 2015
A totalidade dos concelleiros apoiaron na sesión plenaria deste luns nomear "Pavillón Municipal Pablo Beiro" ao recinto deportivo de Bouzas, homenaxeando así a traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular, deportista, fundador e presidente do club deportivo AMFIV. Os tres grupos políticos con representación na Corporación eloxiaron a calidade persoal de Beiro a súa intensa labor nos ámbitos político, social e deportivo.
luns, 30 mar 2015
Socialistas e nacionalistas, coa oposición do PP, aprobaron a moción presentada polo BNG instando ao goberno autonómico a adoptar as medidas precisas para esixirlle a POVISA a readmisión dos 13 traballadores aos que lles comunicou a extinción do seu contrato e que aplique as "sancións establecidas no concerto" de "persistir na súa política de persoal".
luns, 30 mar 2015
Os grupos socialista e nacionalista deron luz verde a unha moción defendida por Santos Héctor na que solicita un plan de emprego específico para a cidade de Vigo atendendo ás súas características. Esta iniciativa contou co voto en contra do grupo do PP.
luns, 30 mar 2015
O Partido Popular sacou adiante en solitario unha moción instando ao goberno local a realizar xestións para adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. A moción acadou o voto en contra do PSOE e a abstención do BNG.
luns, 23 feb 2015
O Pleno da Corporación celebrado este luns deu luz verde a dúas mocións impulsadas polo grupo socialista instando ao goberno autonómico a arranxar as estradas da súa competencia e a executar un plan de infraestruturas en Vigo comprometido hai seis anos.
luns, 23 feb 2015
O Pleno celebrado este luns debatiu sobre a recuperación por parte do Concello do programa "Noites Vivas", creado no 2000 e cancelado no ano 2008, dirixido á xuventude. A maioría dos concelleiros propuxeron esta mañá a súa recuperación, mais actualizado ás necesidades actuais da mocidade viguesa.
luns, 23 feb 2015
A plataforma galega de afectados pola Hepatite C reclamou un "compromiso orzamentario" por parte da Xunta para dotar de contido o plan estratéxico que ven de anunciar o Goberno central. Así o manifestaron as súas voceiras, Xulia Alonso e Julia Llopis nunha intervención no Pleno de Vigo.