luns, 28 xul 2025
O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a abstención dos edís do PP e a negativa dos concelleiros do BNG, o novo modelo de xestión do servizo público de transporte urbano colectivo de Vigo, que supón implantar un contrato de servizos para facilitar prestacións directas á cidadanía e que permitirá unha maior flexibilidade na xestión e a intervención da administración.
luns, 28 xul 2025
A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe, cos votos a favor dos grupos do PSdeG-PSOE e do PP e a abstención dos edís do BNG, a actualización do inventario municipal con bens valorados en preto de 720 millóns de euros.
luns, 30 xuñ 2025
A moción do grupo municipal socialista, que saíu adiante coa abstención da oposición, insta ao goberno autonómico a dotar nos Orzamentos do ano 2026 unha partida específica para a implantación nos xulgados de instrución de Vigo as gardas de 24 horas.
luns, 30 xuñ 2025
O Pleno Municipal do mes de xuño recolle as reivindicacións do colectivo LGTBI, que conmemora o seu Día Internacional o 28 de xuño.
xoves, 12 xuñ 2025
A Corporación Municipal aprobou hoxe por unanimidade a moción do grupo socialista demandando á Xunta a creación “inmediata” da facultade de Medicina na Universidade de Vigo. “Teño unha enorme satisfacción de que este acordo se aprobe por unanimidade”, destacou o alcalde ao afirmar que “todo o mundo vai tomar nota” da reclamación e de que Vigo é “a cidade de España mellor posicionada” para contar cunha nova facultade de Medicina.
mércores, 11 xuñ 2025
“Demandamos unha facultade de Medicina na Universidade de Vigo e no campus de Vigo e de aí non nos imos mover”, declarou o alcalde, que considera que esta situación en Galicia debe ser única en España.
luns, 26 mai 2025
No transcurso do Pleno ordinario do mes de maio, celebrado na mañá deste luns, os membros da Corporación municipal realizaron un impas no debate para gardar un minuto de silencio por tódalas persoas falecidas que foron recoñecidas como Viguesas e Vigueses Distinguidos.
luns, 26 mai 2025
O novo Plan Xeral ten como prioridade a vivenda protexida, as infraestruturas verdes, o respecto ao patrimonio, a accesibilidade da cidade e o solo produtivo. Caballero defendeu esta mañá un documento que dará solucións ao Vigo dos próximos 50 anos. O novo Plan Xeral contou cos votos favorables do goberno, coa abstención do PP e o voto en contra do BNG.
luns, 26 mai 2025
O Pleno da Corporación de Vigo acordou hoxe, cos votos a favor do grupo socialista, a abstención do PP e a negativa dos edís do PP, instar á Xunta a respectar a lealdade e legalidade institucional, e a que non “oculte” a participación das administracións nas obras que se realizan na cidade, nin “patrimonialice” o financiamento dos proxectos nos carteis informativos institucionais que se instalan en cada unha das intervencións.
luns, 26 mai 2025
A moción socialista, que se votou por puntos, foi aprobada na sesión ordinaria deste luns, reclamando á Consellería de Educación a reposición de prazas de Educación Infantil na cidade e a execución das reformas necesarias en centros como o Celso Emilio Ferreiro e o Chans Bembrive.