luns, 26 feb 2024
Celebrada este luns, a sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro comezou coa lectura do manifesto da man da concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez.
luns, 12 feb 2024
A corporación municipal de Vigo aprobou no pleno extraordinario deste luns, cos votos a favor dos concelleiros dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG, a moción do Goberno municipal que expresa o rexeitamento á actitude do presidente da Xunta, así como o trato discriminatorio á cidade, e a falta de cooperación da administración autonómica ao financiamento da remodelación de Balaídos. Os concelleiros do PP votaron en contra de censurar a ausencia de apoio económico do goberno de Alfonso Rueda ao estadio municipal.
luns, 29 xan 2024
A edil súmase ao Grupo Municipal Socialista tras a saída de Abel Losada. A número 21 da lista encabezada por Abel Caballero prometeu o cargo ante a Constitución Española ao inicio da sesión plenaria. Patricia Iglesias López (Vigo, 1974) é autónoma, CEO e xerente dunha empresa do sector de coidados persoais e organización de eventos. Amais, é socia de Empresarias de Galicia. Con estudos superiores en informática de xestión, previamente traballou como executiva de grandes contas en empresas e visitadora médica en distintos laboratorios. É militante do PSdeG-PSOE de Vigo desde 1996.
luns, 29 xan 2024
A moción do grupo socialista solicitando á Xunta de Galicia a creación dun Comité de Crise, no que se conte coa FEGAMP e os alcaldes afectados, só foi rexeitada polos 3 concelleiros populares. Tamén tivo luz verde a esixencia ao goberno autonómico de accións para paliar as consecuencias da marea plástica de pellets.
luns, 29 xan 2024
O grupo municipal socialista presentou na sesión plenaria deste luns a moción que recolle as 13 medidas urxentes para afrontar a situación “crítica e desoladora” da sanidade que propoñen SOS Sanidade Pública e as 55 organizacións que abrangue.
xoves, 28 dec 2023
O Pleno aprobou a moción socialista para instar ao goberno de Galicia á inversión necesaria para a mellora naqueles centros educativos públicos de Vigo que o precisen. Tamén pediu un plan de humanización para a estradas de titularidade autonómica.
xoves, 28 dec 2023
O pleno da coporación municipal de Vigo aprobou provisionalmente este xoves, con 17 votos a favor do grupo municipal socialista, 5 abstencións do PP e a negativa dos 3 concelleiros BNG, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM. O acordo que aluma o novo plan urbanístico de Vigo, que contempla a construción de 14.390 vivendas en réxime de protección para proporcionar pisos a prezos razoables aos vigueses, representa segundo Abel Caballero, a continuidade da senda marcada polo seu goberno para “seguir facendo Vigo”. A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, destacou que fronte ás máis de 66.000 alegacións presentadas ao plan de 2008, o de 2023 contabilizou 4.502 das que o 77 por cento foron incorporadas.
mércores, 27 dec 2023
A corporación municipal ha aprobado definitivamente este mércores, con 18 votos a favor do grupo municipal socialista e 8 en contra dos concelleiros do PP e do BNG, os orzamentos municipais para 2024. Vigo estreará o novo ano cunhas contas de récord, ao alcanzar os 316,6 millóns de euros e superar en 24,5 millóns ás de 2023. Abel Caballero destacou que o goberno leva 17 anos aprobando o orzamento “en tempo e forma” o que permite poder realizar investimentos e desenvolver políticas sociais e deportivas, así como o modelo global de Vigo. Apuntou que entre os 37 millóns de investimentos previstos polo goberno que preside para o ano que vén, e os Fondos Europeos provenientes do Goberno de España, a cidade contará con 50 millóns para proxectos, que se suman a outros 55 en execución. "Os orzamentos terán unha quenda de investimentos excepcionais", afirmou.
luns, 27 nov 2023
En representación do Consello Municipal da Muller, María del Mar Ferrero Cuesta, da asociación “Empresarias de Galicia”, colectivo integrante do Consello leu no Pleno deste luns a declaración institucional con motivo da celebración do 25N
luns, 27 nov 2023
O Pleno do Concello acordou este luns, cos votos dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG, instar á Xunta a que inclúa nos orzamentos de 2024 unha partida específica para implantar, con medios materiais e de persoal suficientes, gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo para afrontar os 22.000 casos que están sen resolver. Os cinco edís do PP votaron en contra da reclamación.