O Pleno aproba definitivamente o crédito extraordinario por importe de 31,8 millóns de euros

martes, 24 set 2024

O Pleno de Vigo aprobou definitivamente este luns, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a abstención dos edís do PP, e a oposición do BNG, o crédito extraordinario con remanente líquido de Tesourería do ano 2023, por un importe de 31.858.267 millóns de euros que permitirá iniciar novos proxectos para a transformación da cidade e rematar as obras que están en execución. "A oposición non votou ningunha destas obras. O Bloque e o PP sempre contra a cidade", recalcou o alcalde.

A Corporación pide responsabilidades políticas a Feijóo e Rueda polo sobrecusto do Hospital Álvaro Cunqueiro

luns, 9 set 2024

O Grupo Socialista aprobou a súa moción na que esixen responsabilidades políticas pola actuación do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o actual, Alfonso Rueda, así como os responsables de Sanidade na data da toma de decisión da alternativa de construción e explotación do Hospital Álvaro Cunqueiro, “por haber incorrido en sobre en sobrecustos de 470 millóns de euros no contrato de construción e explotación”.

O Concello executou no primeiro semestre de 2024 o 50 por cento dos 370 millóns do presposto

luns, 9 set 2024

O goberno municipal de Vigo pechou o primeiro semestre de 2024 executando pagos que superan o 50 por cento dos 370 millóns do orzamento municipal . Así o detallou hoxe ao pleno da Corporación local o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, tras aprobar a conta xeral do Concello e da Xerencia de Urbanismo de 2023, con 290 millóns de euros en pagos.

O Concello insiste en reclamar a Abanca a cesión gratuíta á cidadanía de Vigo do Teatro Cine Fraga

sábado, 20 xul 2024

O Pleno da Corporación municipal de Vigo acordou este venres, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a oposición do Partido Popular, e a abstención do BNG, solicitar a Abanca a doazón gratuíta ao Concello do edificio do Teatro Cine Fraga para que a institución municipal articule o seu uso con acordos coa Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Zona Franca.