O Concello aproba definitivamente o décimo noveno orzamento consecutivo do goberno de Abel Caballero
A Corporación Municipal de Vigo aprobou definitivamente os orzamentos de 2026 que ascenden a 350,8 millóns de euros. Saíu adiante cos 19 votos a favor do Grupo Municipal Socialista e 7 en contra do PP e do BNG.
“Dezanove orzamentos aprobados seguidos desde que son alcalde. Todos os anos. A estabilidade mídese pola aprobación de cada orzamento, e todos os anos desde que son alcalde o aprobamos”, reacalcou hoxe Abel Caballero tras o pleno de aprobación definitiva das contas para 2026.
O alcalde afirmou que coa súa negativa, os edís do PP e do BNG, opuxéronse a un orzamento con débeda cero, coa menor presión de toda Galicia, con pago en 4 días a os provedores e cun investimento de 116 millóns de euros. “A oposición do PP e do BNG votaron en contra do Estadio de Balaídos, da vivenda, das humanizacións, do plan de sustentabilidade de Bouzas, do proxecto Alcabre Verde, da praia de O Vao, da biblioteca de Teis, do polideportivo de Zamás, das obras en sete colexios, da teleasistencia, do centro de atención a mulleres, e nós a favor” apuntou o rexedor ao detallar os numerosos proxectos do Concello de Vigo.
O alcalde sinalou que a oposición do PP e do BNG expresaron hoxe, co rexeitamento aos orzamentos, “que están en contra da cidade”, fronte a un goberno municipal “apoiando e lanzando cara a adiante a esta cidade”.
Transformación de la ciudad
Durante o debate no pleno, o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, tras destacar a aprobación do décimo noveno orzamento consecutivo, incidiu en que os 350,8 millóns de euros programados para 2026 están "dedicados integramente a seguir transformando a cidade e para manter o impulso que necesita Vigo coa finalidade de que siga crecendo en benestar, economía e emprego".
O edil remarcou que Vigo mantén a débeda cero fronte á política da Xunta que acumula un endebedamento de 4.500 euros por galego e que o Goberno municipal dedica todos os recursos económicos á cidadanía viguesa con destacados programas en política social, educación, cultura, vivenda, apoio ao asociacionismo, modernización urbana, para garantir servizos públicos de calidade e para apoiar ás familias.