Bouzas avanza no desenvolvemento do seu Plan de Sostenibilidade Turística
O Concello licitou a elaboración do plan de marketing e dinamización da festa da Brincadeira e prestación do servizo de deseño e creación de paquetes turísticos da vila. Abel Caballero destacou un investimento total de 294.000 €”.
Abel Caballero explicou que na Xunta de Goberno do venres o Concello licitou o subministro para a reposición e substitución de luminarias led e outros elementos da rede de alumeado viario en Bouzas, por un importe de 234.101,06 €. Esta actuación realizase dentro do Plan de Sostibilidade Turística. Na mesma sesión e tamén dentro do mesmo plan, deuse luz verde ao expediente de contratación do plan de marketing e dinamización da festa da Brincadeira, que contará cunha inversión de 25.000 euros. Tamén se adicarán 35.223,09 € á licitación de prestación do servizo de deseño e creación de paquetes turísticos da vila. Abel Caballero destacou que a inversión total que estamos a contemplar nesta gran acción de Bouzas é de 294.000 €.
O importe total do plan é de 2 millóns de euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado cos fondos europeos Next Generation EU do Ministerio de Industria e Turismo. Como sinala o rexedor, “trátase dun intento de actuar sobre Bouzas, que será positivo para que todo o mundo en toda España coñeza as súas posibilidades de lecer”.