Escoitar

O Concello entregará unha cea especial de Noiteboa aos usuarios dos servicios de Teleasistencia e de Axuda no Fogar

O alcalde avanzou este luns que o ente municipal entregará un menú especial para a cea de Noiteboa nos fogares de todos os usuarios dos servizos municipais de Teleasistencia e de Axuda no Fogar. Tamén revelou a ocupación hoteleira da fin de semana, que se elevou ata o 74%.

luns, 22 dec 2025

“Queremos que as persoas maiores que residen soas, ou que teñen algún tipo de dependencia, vivan o Nadal con dignidade e con alegría”, afirmou hoxe Abel Caballero ao explicar que a entrega a domicilio dous menús especiais de Noiteboa e un “xesto moi importante” que o Concello realiza todos os anos.  Trátase dunha inciativa  que “gozan” todos os beneficiarios. A entrega da cea de Noiteboa a domicilio a todos os usuarios dos servizos de Teleasistencia e de Axuda no Fogar, é unha máis das iniciativas centradas en atender ás persoas maiores, como as festas celebradas a semana pasada no Auditorio Mar de Vigo e no Hotel Pazo os Escudos.

Visitantes

O rexedor constatou hoxe o “excepcional” nivel de ocupación hoteleira rexistrado esta fin de semana, cun 72 por cento o venres e que alcanzou o 76 por cento o sábado. “Significa un nivel de ocupación de ocupación nunha fin de semana intermedia do Nadal do 74 por cento”, apuntou. Caballero incidiu que o Nadal xera preto de 4.000 empregos en Vigo, ademais do apoio ao comercio. 

 

Descargar todas as imaxes