A Corporación insta á cesión dos terreos á Xunta de Galicia para construír a Cidade da Xustiza

luns, 25 xan 2016

A moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular e apoiada por todos os concelleiros e concelleiras no Pleno celebrado este luns, reclama do Concello que poña a disposición do goberno autonómico o solo necesario para o novo edificio xudicial vigués. O goberno de Vigo explicou que avanza na tramitación e que nada impide á Xunta de Galicia iniciar o proxecto de construción.

Todos os grupos instan a Linorsa a que cumpra o contrato e pague ao seu persoal

luns, 25 xan 2016

O Pleno municipal acordou este luns, por unanimidade, esixirlle a Limpiezas del Noroeste que cumpra co prego de condicións e a normativa laboral e fiscal aboando os salarios que lle debe aos seus empregados. David Regades, responsable de Limpeza, explicou que o Concello abrirá expediente sancionador á empresa adxudicataria retirándolle a concesión se non cumpre coas súas obrigas en 15 días.

O Pleno aproba por unanimidade a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

venres, 18 dec 2015

Os votos a favor dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal deron luz verde á tramitación dun novo PXOM na sesión extraordinaria e urxente do Pleno celebrado este venres. O alcalde sinala que o goberno local rexistrou este luns día 14 de decembro a solicitude dos informes necesarios para iniciar a tramitación ante a Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.

Vigo, única cidade de España co orzamento de 2016 aprobado

mércores, 9 dec 2015

Os votos do goberno de Vigo validaron este luns as contas para o ano que vén, un orzamento de "marcado carácter social", en verbas do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que ascende a 225,9 millóns. O alcalde, Abel Caballero, valorou que a "estabilidade política" no Concello permite a Vigo ser a única entre as "cidades importantes" do Estado en ter o seu orzamento do 2016 xa aprobado.