mércores, 30 mar 2016
Os votos do goberno de Vigo validaron este mércores a aprobación inicial do novo regulamento do Pleno, un texto que inclúe 8 das 23 emendas presentadas pola oposición e que conta cun consenso do 90%. Carlos Font valorou un documento "máis democrático", máis transparente e que facilita o acceso á información.
mércores, 30 mar 2016
O Pleno da Corporación tomou coñecemento este mércores da liquidación do orzamento municipal de 2015, que arroxa indicadores positivos e consolida a Vigo como a cidade coas finanzas máis sólidas de España, en verbas do edil de Facenda. Jaime Aneiros subliñou a execución do 90% do orzamento, a débeda cero do Concello e o pago a provedores nun prazo de dez días.
mércores, 30 mar 2016
Os votos do PSOE e Marea deron luz verde a unha moción solicialista na que se insta á Xunta a que inclúa na modificación de Lei de Área Metropolitana o tratamento de Vigo como capital de provincia. Tal e como defendeu o concelleiro Carlos López Font, esta inclusión foi un dos acordos acadados durante as reunións cara á modificación desta norma.
martes, 22 mar 2016
A Corporación Municipal aprobou este martes a concesión da Medalla da Cidade a Conxemar e a designación de Vigueses Distinguidos a APAMP, Comesaña Sporting Club, Down Vigo, Astilleros Cardama, Menchu Lamas, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e Cáritas Diocesana Tui-Vigo. O rexedor felicitou aos condecorados por recibiren "o recoñecemento da cidade polo seu traballo, atención e presenza en Vigo".
mércores, 9 mar 2016
O rexedor reiterou este mércores que a modificación que o Concello está preparando do regulamento do Pleno quere ser "máis respectuosa cos concelleiros e concelleiras e co funcionamento do mesmo" e amosouse disposto a estudar as propostas dos grupos da oposición ao respecto.
luns, 29 feb 2016
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta no Pleno do informe de Tesourería do último trimestre de 2015 sobre o cumprimento de prazos de para o pago das obrigas. Tal e como detallou, no pasado mes de decembro o Concello pagou aos seus proveedores nun prazo medio de dez días, desde a recepción dos bens ou servizos.
luns, 29 feb 2016
O Pleno Municipal deste luns aprobou, co apoio dos socialistas e o voto en contra de populares e Marea de Vigo, a reformulación do modelo de xestión das piscinas cubertas municipais das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e o ximnasio do Berbés que serán servizos levados por unha concesionaria que executará as obras necesarias para a modernización das instalacións que, nalgúns casos, superan os 20 anos de uso.
luns, 29 feb 2016
Todos os grupos coincidiron esta mañá na necesidade de mellorar o servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo. A tal efecto, a unaminidade do Pleno acordou solicitar á Xunta un convenio de colaboración.