Escoitar

O Concello impulsará a Festa da Reconquista para que sexa Festa de Interese Turístico Nacional

O Pleno asumirá a vontade política de impulsar a Festa da Reconquista de Vigo para que sexa declarada "Festa de Interese Turístico Nacional". Así se decidiu na sesión desta mañá, coa aprobación dunha moción socialista na que se detallan os méritos que converten esta celebración na candidata ideal a este recoñecemento.

mércores, 28 xuñ 2017
O votos dos concelleiros socialistas deron luz verde esta mañá a unha moción que instaba ao Pleno a asumir a vontade política de impulsar a Festa da Reconquista de Vigo para que sexa declarada "Festa de Interese Turístico Nacional". Esta celebración recrea desde 1994 no Casco Vello a etapa da ocupación e posterior expulsión das tropas napoleónicas, alá por 1809. A festa atrae cada ano máis visitantes e suma edición tras edición máis actividades, ademais de fomentar a participación do público nas representacións dramatizadas que se organizan en distintas zonas do Casco Vello.