mércores, 28 xuñ 2017
O Pleno asumirá a vontade política de impulsar a Festa da Reconquista de Vigo para que sexa declarada "Festa de Interese Turístico Nacional". Así se decidiu na sesión desta mañá, coa aprobación dunha moción socialista na que se detallan os méritos que converten esta celebración na candidata ideal a este recoñecemento.
mércores, 28 xuñ 2017
Así o anunciou este mércores Abel Caballero, quen avanzou que a Xerencia de Urbanismo dará conta da incoación do expediente de cesión. Unha vez asinado o convenio expropiatorio o pasado venres, este luns o Concello puxo os terreos á disposición da Xunta este mesmo luns.
mércores, 28 xuñ 2017
Esta nova dotación deportiva estará emprazada en Quirós, entre as rúas Dona Cristina e Continos, e acollerá unha pista multiusos para balonmán, baloncesto, fútbol sala e volei, un ximnasio e vestiarios, ademais dunha cancha de baloncesto e prazas de estacionamento en superficie, segundo explicou este mércores o alcalde.
mércores, 28 xuñ 2017
O alcalde, Abel Caballero, visitou este mércores no edificio municipal de Areal un dos cursos de iniciación á informática que ofrece a administración local. O Concello forma actualmente a 52 persoas, na súa maior parte xente maior, en materias como informática e Internet básico, redes sociais ou correo electrónico, entre outras.
mércores, 28 xuñ 2017
O alcalde puxo en valor esta mañá a organización de MESIC 2017 en Vigo, un congreso de Enxeñería de Fabricación que concitará a 400 expertos no Auditorio Mar de Vigo ata o próximo venres 30 de xuño.