Pleno da Corporación
O Concello aproba unhas contas para 2017 "de gran contido social, inversor e de fomento do emprego"
martes, 27 dec 2016A Corporación aprobou definitivamente o orzamento de 2017, que ascende a 233 millóns, cos votos do goberno de Vigo e a negativa da oposición. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, citou o gasto social, os investimentos e o emprego como liñas prioritarias, salientando que o Concello non ten débeda algunha cos bancos.
O Pleno insta á Xunta a garantir as condicións das obras do CEIP Castelao
martes, 27 dec 2016A moción socialista, que foi aprobada cos votos favorables de Marea de Vigo, defende que se modifique o proxecto de obras de forma "madurada e consensuada" para evitar arranxos posteriores.
O Concello demanda recursos suficientes á Xunta para o mantemento do patrimonio histórico
luns, 28 nov 2016A proposta de Marea de Vigo foi aprobada pola unanimidade da Corporación cunha addenda do grupo socialista instando ao goberno autonómico a incluír orzamentos no ano 2017 que permitan contratar brigadas de actuación e limpeza para conservar os xacementos arqueolóxicos.
O Pleno insta á Xunta a corrixir as deficiencias de tráfico e seguridade do Álvaro Cunqueiro
luns, 28 nov 2016A moción presentada polo grupo socialista co apoio de Marea de Vigo e o rexeitamento do PP, demanda amais a "gratuidade inmediata" dos aparcamentos situados en consultas e urxencias. A Corporación aprobou solicitar partidas á Xunta para cubrir os patios dos colexios e desaprobou que Feijóo omitira no seu discurso de investidura a realización da conexión ferroviaria do AVE a Vigo por Cerdedo.
O pleno infantil aproba un manifesto en favor dos dereitos dos nenos refuxiados
mércores, 23 nov 2016O alcalde presidiu este mércores unha sesión especial do pleno infantil do Concello no que arredor de setenta estudantes do CEIP A Doblada e do colexio Niño Jesús de Praga aprobaron por unanimidade un manifesto a prol dos dereitos dos millóns de nenos e nenas refuxiados e emigrantes que hai no mundo e no que instan ao Goberno de España e á Unión Europea a tomar medidas ante a situación que sofren. Ademais o alumnado entregoulle a Abel Caballero o pasaporte da humanidade, unha guía para abordar os dereitos da infancia.
A Corporación aproba o orzamento máis "social e de fomento do emprego da historia"
luns, 21 nov 2016Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación no Pleno das contas municipais para 2017, "as de maior contido social e de emprego da historia". Segundo avanzou, estes orzamentos permitirán que Vigo sega a avanzar de xeito "seguro e consistente cara ao cambio que está experimentando a cidade". <br />
A unanimidade do Pleno insta ao Goberno e á Xunta a converter en urbano o último tramo da AP9
luns, 7 nov 2016A moción presentada polo grupo municipal socialista recibiu o apoio dos populares de Marea de Vigo polo que a demanda será trasladada ao Ministerio de Fomento para que acometa con urxencia as actuacións necesarias. Os tres grupos municipais aprobaron tamén a moción socialista para demandar ao Imserso que reverta a decisión de reducir as viaxes de maiores que saen dende Peinador. <br />
O Concello sitúase á cabeza de Galicia no pago a provedores
luns, 7 nov 2016A sesión plenaria celebrada este luns tomou coñecemento do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago das obrigas municipais e do estado de execución dos gastos e ingresos do Orzamento correspondente ao terceiro trimestre de 2016 así como o estado de gastos e ingresos do Orzamento do mesmo período.