O Pleno demanda que Xunta e Zona Franca participen na remodelación de Balaídos
A proposta da Alcaldía require do goberno autonómico que financie a renovación do estadio ao mesmo nivel que Concello e Deputación, ao tempo que reclama á Zona Franca que convenie co goberno vigués a construción dun aparcadoiro en Balaídos.
O Concello de Vigo celebrou este luns dúas sesións plenarias extraordinarias consecutivas sobre o estadio municipal de Balaídos. Cos únicos votos favorables do grupo socialista, o Pleno decidiu instar á Xunta e Zona Franca a entrar no proxecto de remodelación do coliseo que están a acometer Concello e Deputación, e, en segundo lugar e por unanimidade, tomar en consideración o posicionamento dos grupos municipais ao respecto da proposta do Real Club Celta sobre o recinto.
Na primeira sesión plenaria, o voceiro do grupo socialista, Carlos Font, recordou que o proxecto de remodelación de Balaídos foi consensuado polo goberno de Vigo e o Real Club Celta -quen elixiu ao arquitecto- e logo se sumou a Deputación de Pontevedra. Font esixiu da Xunta de Galicia que participe na reforma do estadio coas mesmas contías económicas que achegan os gobernos local e provincial, e que a Zona Franca convenie co Concello a construción dun aparcadoiro en Balaídos.
O concelleiro asegurou que o goberno de Abel Caballero apoiou ao Real Club Celta desde a súa chegada ao Concello e fixo posible salvar a quebra do club no 2009, coa renegociación do convenio bilateral entre as partes durante o concurso de acredores. Ademais, Font expuxo que o goberno de Vigo propuxo á Xunta de Galicia participar na reforma e "so" ofreceu apoio para as pistas de atletismo.
Na quenda dos grupos políticos, a voceira do PP, Elena Muñoz, alertou do "risco" de que o Celta marche de Vigo, acusou ao goberno vigués de estar "no máis absoluto silencio" e de "manipular" ao celtismo para "utilizalo politicamente". Sobre a participación da Xunta e Zona Franca na reforma, Muñoz afirmou que Caballero aceptou que a Xunta se encargase das pistas de atletismo. O Partido Popular abstívose na votación.
Pola súa banda, Marea de Vigo abandonou o Pleno en desacordo pola convocatoria destas dúas sesións consecutivas, un "teatro colectivo" que definiron como utilización partidista da institución. O seu voceiro, Rubén Pérez, manifestou que outros asuntos en Vigo merecen un Pleno extraordinario máis que Balaídos e requiriu informes xurídicos sobre a cuestión do estadio.
Segunda sesión
A unanimidade dos corporativos presentes na sala respaldaron a toma en consideración e posicionamento dos grupos municipais respecto da proposta do Real Club Celta de Vigo en relación ao estadio de Balaídos, único punto da orde do día dun Pleno solicitado polo PP.
Muñoz explicou a proposta do seu grupo, que pasaría por manter a titularidade de Balaídos e ofrecer unha concesión administrativa do estadio ao Celta por cincuenta ou setenta anos. Tamén demandou unha solución urbanística para que se poida construír en Vigo a cidade deportiva do club. Denunciou a edil que o Concello fai "oídos xordos", presenta "problemas" en lugar de solucións e concluíu que a política deportiva local é "lamentable".
Font, pola súa banda, reiterou que o Real Club Celta ten á súa "total disposición" o estadio de Balaídos, no que se está a acometer un proxecto de reforma consensuado e asinado por Caballero e Mouriño. O concelleiro insistiu en que o estadio non se pode vender -e o goberno vigués "non o quere vender"- e asegurou colaboración en todas as opcións que estean "dentro da legalidade".