O Concello inicia a conversión da Porta do Sol nunha "gran praza cidadá" con tráfico soterrado
O goberno local aprobará esta semana os pregos para licitar o proxecto de conversión da Porta do Sol nunha "gran praza cidadá", que contará con tráfico soterrado. Cun orzamento de preto de 8,5 millóns, hoxe arrancou o levantamento topográfico e o estudo técnico para poder licitar a obra a finais deste ano. <br />
A conversión da Porta do Sol nunha "gran praza cidadá" xa está en marcha, unha vez iniciado o levantamento topográfico e o estudo técnico, segundo comprobou o alcalde esta mesma mañá nunha visita na que estivo acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o concelleiro de Fomento, David Regades. Caballero avanzou que esta semana a Xunta de Goberno aprobará os pregos para licitar o proxecto, que será adxudicado a finais de ano e conta cun prazo de execución dun ano e medio.
Esta "histórica" actuación, dixo, contará cun túnel que será compatible co aparcamento que xa está construído e que, como ata o de agora, contará con prazas para residentes. O subterráneo arrancará na metade da rúa Elduayen e rematará a principio da rúa Policarpo Sanz o que permitirá crear unha gran praza que conectará a rúa Príncipe coas prazas da Princesa e da Constitución, ademais do Barrio do Cura, onde se esperan novidades en breve, desvelou.
Cun orzamento aproximado de 8,5 millóns de euros, forma parte do proxecto EDUSI e as ampliacións do Vigo Vertical. Tal e como detallou, conta con 15 millóns asignados por Europa aos que se suman case 4 procedentes de fondos municipais. Esta iniciativa, sumada á prevista en Gran Vía coas cintas transportadoras, suporán "a constitución de case unha nova cidade".
Descargar todas as imaxes