Escoitar

O alcalde eloxia o labor de APAMP na sensibilización sobre a parálise cerebral

Abel Caballero asistiu á presentación de "Elisa no mundo das marabillas", un conto creado por trinta usuarios do taller artístico do centro que a Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral (APAMP) ten en Vigo e que editan co apoio da Deputación de Pontevedra e de Galaxia. No acto, no que estiveron presentes, Carmela Silva e o director da editorial, Francisco Castro, o alcalde felicitou aos creadores do libro pola súa beleza e a mensaxe que transmite e puxo en valor o traballo e esforzo das familias e dos responsables da entidade a prol da sensibilización e da inclusión das persoas con parálise cerebral.

luns, 13 mar 2017
1489412914apamp.JPG
Descargar todas as imaxes