Escoitar

Albino Rodríguez Ferreira, novo director xerente da Fundación ProVigo

Licenciado en Economía e Empresariais, compatibilizará o cargo coa presidencia do Tribunal Económico-Administrativo do Concello. Abel Caballero adiantou que a Fundación inicia unha nova etapa máis "participativa" que comezará cun debate sobre o ámbito portuario e pesqueiro e na que se reducirá a cota das empresas.

luns, 13 mar 2017
1489413557patronato.jpg
O alcalde de Vigo presidiu este luns a reunión do Padroado da Fundación ProVigo na que Albino Rodríguez Ferreira tomou posesión como o seu novo director xerente. Funcionario nivel A, licenciado pola Universidade de Vigo e pola de Santiago en Economía e Empresariais, é o presidente do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo e, en palabras do rexedor, un "especialista en contabilidade, análise de situacións económicas e coñecedor da economía galega e viguesa".

Rodríguez Ferreira asume o cargo en substitución de José García Orois, quen presentou a súa renuncia para poder atender as súas responsabilidades como secretario da Cámara de comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. O rexedor eloxiou o seu labor e agradeceulle os anos dedicados á Fundación porque o fixo "francamente ben".

Abel Caballero explicou que a Fundación ProVigo inicia unha nova etapa "máis participativa democraticamente" na que propuxo a redución das cotas para as empresas que conforman a entidade que, nestes momentos, pagan arredor de 500.000 euros, unha cifra que moitas non poden asumir en "momentos difíciles", o que motivou a súa baixa. "Non podemos permitir que tantas empresas da cidade deixen de participar no desenvolvemento da cidade por razóns económicas", polo que sinalou que propoñerán unha cota anecdótica de entre 40 e 50 euros anuais".

Amais o Padroado propón funcionar por áreas de interese económico para a cidade e continuar cos debates empresariais que comezarán cun arredor do ámbito marítimo, portuario e pesqueiro a petición do presidente de ARVI, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo.
Descargar todas as imaxes