Escoitar

O Concello de Vigo, o máis transparente das cidades galegas

Abel Caballero referiuse este luns ao último informe de Transparencia Internacional que sitúa ao Concello de Vigo como o máis transparente das urbes de Galicia, superando tamén á maior parte das grandes cidades españolas.

luns, 13 mar 2017
O alcalde, Abel Caballero, recordou este luns que o último informe de Transparencia Internacional posiciona ao Concello de Vigo á cabeza das urbes galegas, "e a gran distancia das seguintes", e tamén por enriba das grandes cidades españolas, entre as que citou Madrid a modo de exemplo. O primeiro edil avanzou que o concello vigués xa está elaborando o próximo informe, correspondente ao 2016.

Caballero contrapuxo o dato do Concello de Vigo co da Xunta de Galicia. Segundo revelou, o goberno autonómico ocupa a décimo terceira posición entre as dezasete comunidades autónomas no último informe coñecido, "na cola da transparencia".