luns, 29 set 2014
O Pleno da Corporación deste luns deu luz verde á moción presentada polo grupo socialista solicitando ao Ministerio a transferencia da titularidade da avenida, coa súa correspondente partida económica para proceder á súa reforma. O Pleno tamén acordou pedir a Fomento a limpeza nos taludes e zonas limítrofes ao trazado ferroviario.
luns, 29 set 2014
Unha moción de urxencia reclama á Xunta de Galicia que "faga públicos os termos do novo concerto con POVISA", que "custará 75 millóns de euros", segundo indica o texto. A Corporación, tras o caso do San Francisco, tamén demanda do goberno autonómico unha fórmula para que os dependentes reciban asistencia "no seu contorno, no centro máis cercano e habitual".
luns, 29 set 2014
Todos os grupos respaldaron esta mañá unha moción do PP na que solicitaba a apertura da piscina municipal do complexo polideportivo de Teis. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, avanzou que xa se está a traballar no concurso público para adxudicar a xestión do recinto.
xoves, 4 set 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendou na sesión plenaria desta mañá as modificacións das ordenanzas que permitirán rebaixar a presión fiscal dos vigueses no 2015. Co voto favorable do PP e en contra do BNG, o goberno local presentou unha reducción fiscal que "non se vai producir en ningún outro lugar". <br />
xoves, 4 set 2014
BNG e PSOE reclaman a Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar en Vigo no mes de maio, cun profesional con formación e experiencia. O texto esixe que se garanta a calidade asistencial que reclaman os pacientes con esta doencia. <br />
xoves, 4 set 2014
Os votos do PP deron luz verde na sesión plenaria deta mañá a unha moción que reclama a adopción da decisión de recuperar as casetas de información turística en lugares emblemáticos da cidade e nas terminais dos transportes colectivos. A proposta contou coa abstención dos grupos socialista e nacionalista.
xoves, 4 set 2014
Os votos de PSOE e PP permitiron aprobar as contas xerais relativas o exercicio de 2013, unhas cifras que, en verbas da concelleira de Facenda, Carmela Silva, "permiten falar dunha economía saneada, con liquidez, cunha débeda que ao final do mandato vai estar arredor do 12,5% e un nivel de execución orzamentaria histórico". Así o defendeu durante unha intervención na que atribuiu esta boa situación a que Vigo ten "un goberno responsable ao servizo dos cidadáns". <br />
martes, 29 xul 2014
Socialistas e nacionalistas votaron a favor dunha resolución "in voce" presentada no Pleno deste martes, despois da intervención de Matilde Rodríguez, hematóloga do Xeral, argumentando a necesidade de contar cun laboratorio de análise clínico no novo hospital. A Xunta de Galicia prevé ubicalo no hospital Meixoeiro.
martes, 29 xul 2014
O goberno local levou este martes ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora do servizo do taxi, validada cos votos socialistas e nacionalistas e a abstención do PP. O novo texto actualiza o do ano 1994 coa vocación de garantir o emprego de calidade, mellorar o servizo o modernizar o sector.