Pleno da Corporación
Vigo reclama novos maxistrados para as ordes xurisdiccionais penal e civil
luns, 27 out 2014A tenente de alcalde, a socialista Carmela Silva, defendeu unha moción de urxencia no pleno deste luns solicitando ao Ministerio de Xustiza a creación dunha nova praza de maxistrado na sección sexta -especializado en civil- da Audiencia Provincial, con sede en Vigo, mantendo a proposta da Comisión Mixta de crear unha na sala quinta -penal-. A proposta foi apoiada por todos os grupos políticos.
O Concello solicita á Deputación e a Abanca que retomen o apoio económico ao MARCO
luns, 27 out 2014A moción, presentada polo grupo socialista e apoiada polos restantes partidos na sesión plenaria deste luns, reclama do organismo provincial e da entidade bancaria o seu retorno á Fundación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tras ter abandoado o padroado nos últimos anos coa conseguinte reducción do orzamento e da programación no MARCO.
A Corporación acorda adoptar medidas urxentes para a mellora dos servizos sociais
luns, 27 out 2014A unanimidade do Pleno deu luz verde a unha moción do BNG na que se solicita a adopción de medidas uxentes para mellorar os servizos sociais do Concello. Durante o debate, o PSOE presentou unha engádega, que tamén contou co apoio de todos os grupos, para que a Xunta cofinancie o proxecto anual de servizos comunitarios municipais.
Todos os grupos apoian ampliar os horarios da Pinacoteca e do resto dos espazos expositivos
luns, 27 out 2014O PP conqueriu o apoio do resto dos grupos á moción na que insta ao goberno local a ampliar os horarios dos distintos espazos expositivos da cidade. Tamén logrou sacar adiante, neste caso cos votos do BNG, unha iniciativa que reclama estudar a posibilidade de ubicar o Bernardo Alfageme no Museo do Mar de Galicia.
O Concello reclama a Fomento a cesión da Avenida de Madrid con fondos para o seu arranxo
luns, 29 set 2014O Pleno da Corporación deste luns deu luz verde á moción presentada polo grupo socialista solicitando ao Ministerio a transferencia da titularidade da avenida, coa súa correspondente partida económica para proceder á súa reforma. O Pleno tamén acordou pedir a Fomento a limpeza nos taludes e zonas limítrofes ao trazado ferroviario.
A Corporación insta á Xunta a que informe do novo concerto asinado con POVISA
luns, 29 set 2014Unha moción de urxencia reclama á Xunta de Galicia que "faga públicos os termos do novo concerto con POVISA", que "custará 75 millóns de euros", segundo indica o texto. A Corporación, tras o caso do San Francisco, tamén demanda do goberno autonómico unha fórmula para que os dependentes reciban asistencia "no seu contorno, no centro máis cercano e habitual".
O Pleno aproba por unanimidade poñer en funcionamento a piscina do complexo da ETEA
luns, 29 set 2014Todos os grupos respaldaron esta mañá unha moción do PP na que solicitaba a apertura da piscina municipal do complexo polideportivo de Teis. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, avanzou que xa se está a traballar no concurso público para adxudicar a xestión do recinto.