Pleno da Corporación
A Corporación da luz verde "ás ordenanzas fiscais máis sociais da historia"

xoves, 4 set 2014A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendou na sesión plenaria desta mañá as modificacións das ordenanzas que permitirán rebaixar a presión fiscal dos vigueses no 2015. Co voto favorable do PP e en contra do BNG, o goberno local presentou unha reducción fiscal que "non se vai producir en ningún outro lugar".

Socialistas e nacionalistas reclaman á Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que suprimiu en maio
xoves, 4 set 2014BNG e PSOE reclaman a Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar en Vigo no mes de maio, cun profesional con formación e experiencia. O texto esixe que se garanta a calidade asistencial que reclaman os pacientes con esta doencia.

O PP reclama que o goberno municipal que recupere as casetas de información turística

xoves, 4 set 2014Os votos do PP deron luz verde na sesión plenaria deta mañá a unha moción que reclama a adopción da decisión de recuperar as casetas de información turística en lugares emblemáticos da cidade e nas terminais dos transportes colectivos. A proposta contou coa abstención dos grupos socialista e nacionalista.
O Pleno aproba a Conta Xeral do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos de 2013

xoves, 4 set 2014Os votos de PSOE e PP permitiron aprobar as contas xerais relativas o exercicio de 2013, unhas cifras que, en verbas da concelleira de Facenda, Carmela Silva, "permiten falar dunha economía saneada, con liquidez, cunha débeda que ao final do mandato vai estar arredor do 12,5% e un nivel de execución orzamentaria histórico". Así o defendeu durante unha intervención na que atribuiu esta boa situación a que Vigo ten "un goberno responsable ao servizo dos cidadáns".

O Pleno reclama á Xunta de Galicia dotar dun laboratorio central ao novo hospital de Vigo
martes, 29 xul 2014Socialistas e nacionalistas votaron a favor dunha resolución "in voce" presentada no Pleno deste martes, despois da intervención de Matilde Rodríguez, hematóloga do Xeral, argumentando a necesidade de contar cun laboratorio de análise clínico no novo hospital. A Xunta de Galicia prevé ubicalo no hospital Meixoeiro.
O Concello actualiza a regulación do taxi para garantir o emprego e mellorar o servizo
martes, 29 xul 2014O goberno local levou este martes ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora do servizo do taxi, validada cos votos socialistas e nacionalistas e a abstención do PP. O novo texto actualiza o do ano 1994 coa vocación de garantir o emprego de calidade, mellorar o servizo o modernizar o sector.
O goberno local prevé ter executado o 98% do orzamento de gastos a finais de ano
martes, 29 xul 2014A tenente de alcalde e concelleira de Economía e Facenda, Carmela Silva, deu conta este martes do estado de execución dos gastos e ingresos do orzamento municipal de 2014, correspondente ao segundo trimestre. Silva explicou que o nivel de execución está a ser "extraordinario", cunha previsión de gasto do 98% do orzamentado a finais de ano.
O Concello esixe que a Xunta sitúe en Vigo a sede da Fundación Obra Social de Galicia
martes, 29 xul 2014Unha moción presentada polo grupo socialista na sesión plenaria deste martes -respaldada por unanimidade- esixe do goberno autonómico que Vigo sexa a sede a todos os efectos da nova Fundación Obra Social de Galicia e que nos seus estatutos quede blindada a permanencia na cidade da colección artística procedente da antiga Caixanova.
O Pleno insta á Deputación e Zona Franca a contribuir ao finanzamento das obras de Balaídos
martes, 29 xul 2014Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao solicitar á Deputación de Pontevedra e á Zona Franca que contribúan económicamente ás obras necesarias no Estadio Municipal de Balaídos. Unha moción do PP, apoiada polo resto dos partidos, insta a técnicos municipais a redactar un informe que avalíe os custos da totalidade de actuación precisa.