O Pleno insta á Xunta de Galicia a suprimir o canon da auga
A moción do grupo de goberno saíu adiante este luns co apoio nacionalista e a oposición do PP, solicitando da Xunta de Galicia a eliminación do canon da auga e a invertir aquí o cobrado na cidade en anos anteriores por este concepto. Ademais, a Corporación reprobou a "actitude sectaria e discriminatoria da Xunta na súa política de subvencións" a entidades viguesas, particularmente culturais.
A instancias do grupo socialista, o Pleno da Corporación de Vigo aprobou este luns instar á Xunta de Galicia a eliminar "de forma inmediata" o canon da auga e a invertir na cidade o cobrado por este concepto en anos anteriores.
O texto aprobado indica que a aplicación do novo canon da auga do goberno autonómico supuxo un incremento global na factura do 6%, porcentaxe que acada o 8% no caso dunha pequena empresa. "A cifra recadada pola aplicación deste novo canon autonómico aumentou considerablemente", apunta o acordo aprobado, mentres que non existen investimentos na cidade por parte de Augas de Galicia acordes á suba.
Reprobación
Outra moción abordada no pleno desta mañá, tamén presentada polo grupo do goberno de Vigo, acordou "reprobar a actitude sectaria e discriminatoria da Xunta na súa política de subvencións ás diferentes entidades e organismos desta cidade", singularmente de carácter cultural.
A proposta, aprobada cos votos socialistas e nacionalistas e rexeitada polo PP, denuncia a "redución drástica" das subvencións da Xunta nos últimos anos a entidades como museos, fundacións, bibliotecas, etcétera. O acordo esixe do goberno de Galicia que realice "polo menos idénticas achegas como as que actualmente dedica a entidades e organismos culturais doutras provincias" e singulariza o caso da biblioteca central, reclamando da Xunta a "asunción con carácter inmediato da Biblioteca Juan Compañel, asumindo integramente a totalidade dos gastos que xera o seu funcionamento, ao igual que se fai noutras cidades".
Lei de Inclusión de Galicia
Un último texto presentado polo grupo que ostenta o goberno de Vigo -e apoiado polos grupo nacionalista- demanda da Xunta de Galicia a modificación da Lei de Inclusión de Galicia para que considere "a ausencia ou déficit grave de recursos como causa suficiente para ser perceptor das prestacións reguladas na lei sen necesidades da concorrencia de ningún dous outras favtores de exclusión" e para "permitir que as persoas que perciben un salario por debaixo da cuantía da prestación social poidan manter o salario e unha prestación diferencial complementaria ata a cuantía da Risga".