xoves, 30 abr 2015
Durante a presentación deste xoves, Abel Caballero salientou que o acto -este sábado, 2 de maio, ás 13:30 horas no IFEVI- servirá ademais de "homenaxe a cinco persoas que se caracterizaron sempre polo apoio e a loita en favor do pobo saharaui", unha causa "xusta e razonable". O Concello colabora neste evento, organizado por "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui".
xoves, 30 abr 2015
O alcalde acudiu este xoves ás instalacións de Aspanaex durante a súa xornada de portas abertas, onde trasladou o seu "recoñecemento" á entidade pola atención que presta aos usuarios e a forma "excepcional" na que o fan. Caballero recordou a "cooperación continua" do Concello, con programas de respiro familiar, de terapia canina ou desbloqueando a construción do equipamento asistencial que precisa Aspanaex.
xoves, 30 abr 2015
Durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio, desenvolverase na Casa Galega da Cultura o ciclo de conferencias Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" organizado pola Concellería de Igualdade."Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.
xoves, 30 abr 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan tres "Paseos polo Vigo literario" do 9 de maio ao 23 de maio.
Programa municipal de turismo sostible <br />
Experiencia piloto do día 23 de maio de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas
xoves, 30 abr 2015
O Concello de Vigo organiza, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un programa de turismo sostible e cultura para as Illas Cíes de Vigo en baixa tempada, para descubrir, gozar e preservar este paraíso natural que queremos Patrimonio da Humanidade. Prográmase esta experiencia piloto internacional dirixida a Portugal para avaliar e adaptar o proxecto e mellorar a súa operativa internacional.