Escoitar

Vigo súmase a unha campaña internacional de potenciación dos mercados tradicionais

Coa participación de Vigo, "Ama o teu mercado" é unha proposta internacional que abrangue un total de 2.000 recintos de 16 países do mundo e se desenvolverá do 14 ao 30 de maio, segundo informou este mércores o alcalde de Vigo. "Queremos que os mercados sexan reforzados na forma máis eficaz nesta campaña internacional", apuntou Caballero.

mércores, 29 abr 2015
Caballero informou este mércores de que a proposta internacional "Ama o teu mercado", impulsada desde Londres, dará comezo mañá cunha transmisión en rede para os 16 países participantes. Vigo súmase a unha campaña que procura a potenciación do mercado tradicional e conta coa participación de 2.000 establecementos.