Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 30 abr 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE MAIO DE 2015.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 26 de marzo e das sesións ordinaria e dúas extraordinarias e urxentes do 17 de abril de 2014.

BENESTAR SOCIAL
2.- Revisión do prezo do contrato do Servizo CIIES según IPC Nacional no período novembro 2013-novembro 2014. Expte. 105436/301.

CONTRATACIÓN
3.- Devolución de garantías:
a) Espina S.A. Expte. 4933/241.
b) Aqualia S.A. Expte. 2962/443.
c) Macraut S.L. Expte. 4907/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
4.- Proposta desestimatoria de subvención nominativa á Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" para a organización do Programa "Move Vigo 2014". Expte. 5662/335.

DEPORTES
5.- Proposta de aprobación da certificación final das obras no campo de fútbol de Samil (lote 3). Expte. 14047/333.

EMPREGO
6.- Solicitude de cualificación como ILE (Iniciativa Local de Emprego) da empresa "Facility Management". Expte. 11747/77.

IGUALDADE
7.- Proposta desestimatoria de subvención nominativa á Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" para a organización das XXII Xornadas das Mulleres Veciñais 2014. Expte. 6679/224.

POLICÍA LOCAL
8.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo da Policía Local durante o primeiro trimestre do ano 2015. Expte. 43798/212.

RECURSOS HUMANOS
9.- Modificación das bases reitoras específicas de 23 prazas de Policía Local, correspondentes á OEP 2010- 2011, en execución de sentenza nº 298/2014, de 22/12/2014. Expte. 26532/220.

10.- Rectificación de erro no expediente núm.: 26276/220. Expte. 26562/220.

11.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección, correspondente ao mes de febreiro 2015. Expte. 26425/220.

12.- Nomeamento interino, por acumulación de tarefas, dun/dunha auxiliar de administración xeral, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Comercio. Expte. 26486/220.

13.- Nomeamento interino, por acumulación de tarefas, de dous/dúas auxiliares de administración xeral, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Estatística. Expte. 26487/220.

14.- Nomeamento interino, por acumulación de tarefas, dun/dunha oficial sepultureiro/a, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Cemiterios. Expte. 26488/220.

SEGURIDADE
15.- Devolución de avais:
a) Melcor Dos S.L. Expte. 92518/210.
b) Cal Baixomiño. Expte. 92384/210.
c) Enrique Balboa Fernández. Expte. 92350/210.
d)Ramón Borrajo Castro. Expte. 92349/210.

SERVIZOS XERAIS
16.- Proposta de aprobación do Proxecto para executa-las obras de Instalación de telecontrol na EBAR de Coruxo. Expte. 3134/440.

17.- Proposta de autorización para ampliación das redes de distribución de gas en Subida a Maceiras nº 5-Chapela. Expte. 3235/440.

18.- Toma de coñecemento da acta de comprobación de replanteo correspondente á obra "Humanización da rúa Gerona. Fase I". Expte. 2675/440.

19.- Toma de coñecemento da acta de comprobación de replanteo correspondente á obra "Humanización da Rúa Aragón. Fase III". Expte. 2674/440.

20.- Toma de coñecemento da acta de comprobación de replanteo correspondente á obra "Consolidación estructural no Estadio de Balaídos. Fase I". Expte. 2540/440.

21.- Toma de coñecemento da acta de comprobación de replanteo correspondente á obra "Humanización da rúa Gregorio Espino. Fase I". Expte. 2676/440.

URBANISMO
22.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de liquidacións complementarias de taxas por licenzas de actividades e de obras. Expte. 7841/407.

23.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de maio de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 29 de abril de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.