O Concello colabora no acto homenaxe polos máis de 40 anos de loita do pobo saharaui
Durante a presentación deste xoves, Abel Caballero salientou que o acto -este sábado, 2 de maio, ás 13:30 horas no IFEVI- servirá ademais de "homenaxe a cinco persoas que se caracterizaron sempre polo apoio e a loita en favor do pobo saharaui", unha causa "xusta e razonable". O Concello colabora neste evento, organizado por "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o Concello de Vigo vai seguir apoiando ao pobo saharaui co programa de acollida de nenos e nenas por familias da cidade e en eventos singulares, como o organizado este sábado no IFEVI ás 13:30 horas, por máis de 40 anos de loita pola dignidade e liberdade dos saharauis. "A causa do pobo saharaui é xusta e razonable", indicou o primeiro edil.
No transcurso do evento terá lugar un almorzo e a homanaxe "a cinco persoas que se caracterizaron sempre polo apoio e a loita en favor do pobo saharaui", en verbas de Abel Caballero. Os homenaxeados serán Embarca Brahim Bumajruta (Campamentos Refuxiados Saharauis). Sidi Mohamed Dadach (Territorios ocupados), Fernando Peraita Lechosa (Artifariti-Andalucía), Carmelo Ramírez Marrero (FEDISA-Canarias) e José Taboada Valdés (CEAS-Galicia).
A presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, explicou que a celebración do acto en Vigo "non é casualidade", pois os responsables "valoran e agradecen a dedicación, a colaboración, o esforzo e o cariño que sempre ten o alcalde de Vigo, o Concello de Vigo", sobre todo "na implicación política". No tocante ao programa Vacacións en Paz de acollida de nenos, Isla enfatizou que "o de Vigo é o único concello de Galicia que se ven un neno subvenciona un neno, pero se veñen cen nenos subvencionan cen nenos".
Descargar todas as imaxes