Ciclo de relatorios sobre as mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial
Durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio, desenvolverase na Casa Galega da Cultura o ciclo de conferencias Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" organizado pola Concellería de Igualdade."Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.