A Corporación solicita un plan de transporte para unir todas as parroquias co novo hospital
O Pleno da Corporacion celebrado este luns acordou por unanimidade, a proposta do PP, solicitar un plan de transporte, consensuado coas asociacións de veciños e axentes sociais da cidade, que dea cobertura a todas as parroquias e barrios para a súa conexión co novo hospital de Vigo.
O texto acordado indica que, de cara á entrada en funcionamento desta infraestrutura, "resulta necesario que o Concello, responsable do transporte urbano de Vigo, teña previsto un plan para que o novo hospital de Vigo sexa accesible dende todas as parroquias e barrios da cidade", unha proposta respaldada tanto polo grupo nacionalista como polo socialista.
Outros acordos
Dúas mocións máis presentadas polo grupo do PP no Pleno desta mañá resultaron aprobadas. En primeiro lugar, cos votos do BNG e abstención do PSOE, se solicita do alcalde que xestione o traslado da sede da UNED en Vigo "ás instalacións do Auditorio Mar de Vigo, así como que o alumnado non se teña que trasladar a Pontevedra para realizar os seus exames". En segundo lugar, e coa abstención nacionalista e o voto contrario dos socialistas, se require do goberno local "explicacións políticas" polos fallos xudiciais contrarios aos intereses municipais relativos ao aluguer do edificio Asefal e o "compromiso" de variar "a forma de actuar sobre os recursos xudiciais" no futuro ante situacións semellantes.