Escoitar

Charla do ciclo "Galegas na Ciencia"CICLO DE CHARLAS 2015

A profesora da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel, será a encargada de ultima charla do ciclo "Galegas na Ciencia" que organiza a Concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas. A charla seá o martes, 28 de abril ás 19:00 horas.<br /> <br /> <br />

luns, 27 abr 2015
Ana Ulla Miguel

Licenciada e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de La Laguna coa especialidade de Astrofísica. Na actualidade é Profesora Titular da Universidade de Vigo no Departamento de Física Aplicada. Ocupou diversos postos de investigación e docencia desempeñados en centros nacionais e estranxeiros, como a Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (LAEFF, Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Foi contratada postdoutoral no Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), traballando para o proxecto "Infared Space Observatory" da ESA. É a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO. É integrante da Unión Astronómica Internacional (IAU), e da Sociedad Española de Astronomía (SEA) e da Real Sociedad Española de Física (RSEF), nestas dúas tendo ocupado diversos cargos. Ao longo da súa traxectoria profesional realizou diversas estadías de traballo en institutos de Astrofísica nacionais e estranxeiros e participa en proxectos de investigación financiados en diversos campos da Astrofísica, congresos especializados e publicacións internacionais. Hoxe podemos salientar a súa colaboración, xunto con colegas das Universidades da Coruña (UDC) e de Barcelona (UB), no proxecto "Gaia" da ESA. En febreiro de 2014 recibiu, ex aequo con Minia Manteiga Outeiro (da UDC), o premio "Galega destacada 2013" concedido pola Asociación Diálogos 90.