Escoitar

O goberno de Vigo garante os empregos das escolas infantís coa nova concesión

O alcalde comprometeuse este luns durante o Pleno da Corporación a manter os postos de traballo das escolas infantís municipais no novo contrato de xestión: "teñan a tranquilidade de que isto se vai resolver", afirmou Caballero. A unha moción do BNG, o goberno de Vigo engadiu a "vontade política de prever a subrogación de persoal" nos pregos "dentro do máis estrito respecto á legalidade". O texto saíu adiante coa unanimidade dos concelleiros.

luns, 27 abr 2015
A moción nacionalista solicitaba incluir a "subrogación dentro do prego de prescripcións técnicas para a contratación do servizo de dxestión das escolas infantís municipais e manter así ditos postos de traballo", unha proposta á que o goberno local, a través do grupo socialista, engadiu unha enmenda manifestando a "votande política de prever a subrogación de persoal nos pregos estudando as especiais características de cada un dos contratos que se liciten dentro do máis estrito respecto á legalidade".

O alcalde, pola súa banda, intervíu neste punto para garantir que os traballadores e traballadas das escolas infantís municipais "seguirán no seu posto" de traballo: "teñan a tranquilidade de que isto se vai resolver". O texto foi aprobado coa unanimidade dos votos do BNG, PSOE e PP.