Pleno da Corporación
A Corporación insta ao goberno local a manter as humanizacións realizadas no centro da cidade
luns, 30 xuñ 2014Presentada polo PP, unha moción aprobada por todos os grupos políticos solicita do goberno local o mantemento dos espazos e rúas do centro da cidade que foron humanizados hai máis de tres anos. Outro acordo adoptado por unanimidade posibilitará empregar zonas verdes como espazos públicos de exposición temporal de esculturas.
O Pleno require a Fomento un plan de acción contra o ruído na VG-20 en Navia e Valadares
luns, 30 xuñ 2014A moción -presentada polo grupo socialista na sesión plenaria este luns e aprobada co apoio de todos os partidos- insta ao Ministerio a realizar un estudo, deseñar un plan de acción e acometer as medidas concretas "para reducir os niveis de exposición da poboación de Vigo ao ruído ocasionado polo segundo cinto, especialmente nas zonas de Navia e Valadares"
A Corporación aproba unha amortización de crédito de 11 millóns que permitirá aforrar 3,2 millóns
luns, 30 xuñ 2014As arcas públicas aforrarán 3,2 millóns en intereses grazas á amortización de crédito de 11 millóns que aprobou esta mañá a Corporación municipal. Tal e como explicou a tentente de alcalde e presidenta no Pleno, Carmela Silva, esta operación é un paso máis do plan adoptado en 2013 cara á débeda cero e segue a manter a Vigo entre as cidades menos endebedadas de España.
O Concello aproba as contas "máis sociais e de creación de emprego da historia"
venres, 13 xuñ 2014Vintetrés dos vintesete concelleiros da Corporación validaron hoxe os "orzamentos máis sociais e de creación de emprego da historia". Así o explicou o rexedor durante unha rolda de prensa posterior a sesión plenaria e na que se amosou "moi satisfaeito" porque Vigo conta co orzamento máis social de toda España.
A Corporación aproba unha moción para potenciar e mellorar a competitividade de Peinador
luns, 2 xuñ 2014O Pleno da Corporación debatiu e aprobou este luns unha moción presentada polo BNG sobre o aeroporto de Vigo, que foi validada grazas ás abstencións de socialistas e populares. O texto esixe a execución dos investimentos previstos en Peinador e solicita da Xunta o mesmo trato para as tres terminais galegas.
O Concello reclama á Xunta de Galicia e o Goberno de España apoio económico a Conxemar
luns, 2 xuñ 2014A moción presentada polos socialistas no Pleno deste luns, aprobada por unanimidade, reclama da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño "que aporten polo menos a mesma cantidade que o Concello de Vigo" a Conxemar. O goberno de Vigo achega 100.000 euros á primeira feira de conxelados do mundo, o dobre do aportado polos gobernos autonómico e estatal.
O Concello paga as súas facturas nun periodo medio de 19,93 días, un "prazo mínimo histórico"
luns, 2 xuñ 2014A tenente de alcalde defendeu hoxe a boa xestión económica do Concello esgrimiendo no Pleno os datos do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago de facturas. Tal e como explicou, o Concello realizou 2.654 pagos cun periodo medio de prazo de 19,93 días, moi por debaixo dos 30 días como máximo que prevé a Lei de Morosidade.