Pleno da Corporación
O Concello insta á Xunta de Galicia a mellorar e acometer novas infraestruturas viarias en Vigo
luns, 23 feb 2015O Pleno da Corporación celebrado este luns deu luz verde a dúas mocións impulsadas polo grupo socialista instando ao goberno autonómico a arranxar as estradas da súa competencia e a executar un plan de infraestruturas en Vigo comprometido hai seis anos.
A Corporación solicita do goberno local a recuperación do programa "Noites Vivas"
luns, 23 feb 2015O Pleno celebrado este luns debatiu sobre a recuperación por parte do Concello do programa "Noites Vivas", creado no 2000 e cancelado no ano 2008, dirixido á xuventude. A maioría dos concelleiros propuxeron esta mañá a súa recuperación, mais actualizado ás necesidades actuais da mocidade viguesa.
A plataforma de afectados pola Hepatite C piden compromiso orzamentario por parte da Xunta
luns, 23 feb 2015A plataforma galega de afectados pola Hepatite C reclamou un "compromiso orzamentario" por parte da Xunta para dotar de contido o plan estratéxico que ven de anunciar o Goberno central. Así o manifestaron as súas voceiras, Xulia Alonso e Julia Llopis nunha intervención no Pleno de Vigo.
A Corporación aproba unha amortización de crédito de 10,7 millóns que permitirá máis investimento social
luns, 23 feb 2015O goberno local sacou adiante esta mañá unha amortización de débeda de 10,7 millóns de euros financiada con remantentes de tesourería. Esta decisión, que contou co apoio do PP, permitirá aforrar costes financeiros e "adicar máis fondos aos vigueses e aos seus problemas", explicou a tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva.
O Pleno aproba unha modificación de crédito de 3,4 millóns para as obras de Balaídos
luns, 23 feb 2015Todos os grupos apoiaron esta mañá unha modificación orzamentaria de 3,4 millóns para continuar coas obras de remodelación de Balaídos. A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendeu esta rehabilitación moi necesaria "nun dos buques insignia da cidade".
O Pleno aproba por unanimidade reclamar á Xunta a creación dos consellos de saúde
luns, 23 feb 2015Os grupos da Corporación deron luz verde a unha moción nacionalista que insta á Xunta a constituír os concellos de saúde para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía. O texto do BNG lembra que as partidas adicadas á sanidade pública diminuiron nun 12% desde o ano 2009.
A Corporación insta á elaboración dun plan xuvenil municipal e a habilitar puntos limpos
luns, 9 feb 2015O Pleno celebrado este luns deu luz verde a dúas mocións presentadas polo PP solicitando do goberno municipal a redacción e posta en marcha dun plan xuvenil municipal e que habilite terreos para a posta en marcha dos puntos limpos que prevé o PXOM. <br />