Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 22 xan 2016
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 1

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 25 de XANEIRO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. (sesións extraordinarias do 9 e 23 de novembro de 2015).

2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a inmediata disposición das parcelas titularidade do SERGAS DA-2 e DA-3 como aparcadoiro gratuíto no proxecto sectorial do novo hospital de Vigo. Rexistro Pleno 1309/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a articulación mediante Convenio, con tódolos concellos da Área Metropolitana de Vigo, da gratuidade do billete de transbordo no transporte urbano abonado pola Xunta de Galicia. Rexistro Pleno 1311/1101.

6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal de Marea de Vigo instando solicitar á empresa LINORSA as acreditacións e certificacións que indican os pregos de condicións en materia de cumprimento da normativa laboral e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1304/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a que concrete os investimentos que a Deputación de Pontevedra ten proxectados para a cidade no presente ano. Rexistro Pleno 1306/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a tramitar de inmediato a cesión dos terreos necesarios á Xunta de Galicia para a construción da Cidade da Xustiza. Rexistro Pleno 1307/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Pleno que os responsables sanitarios da área informen aos profesionais e á cidadanía do programa funcional do Hospital Meixoeiro e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1308/1101.

4.5.- Moción do Grupo municipal Socialista recoñecendo o interese por Vigo a tódalas forzas políticas que facilitaron a tramitación da emenda "in voce" ó art. 144 da Lei do Solo. Esixir á AGE que non vete o debate desta emenda ao ser fundamental para o desenvolvemento de proxectos de excepcional interese público na Cidade. Rexistro Pleno 1310/1101.

4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E CINCO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 21 de xaneiro de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.