O Concello cede un local de 600 metros cadrados á Asociación de Familiares de Alzheimer
Tras a reunión mantida este luns con responsables de AFAGA en Vigo, Abel Caballero informou da renovación do convenio de 18.000 euros coa entidade e da cesión dun local de 600 metros cadrados e doutro espazo ao carón do mesmo para realizar accións ao aire libre cos enfermos. Ademais, Vigo iniciará os trámites ante a Unión Europea para ser declarada cidade amiga da terceira idade.