Escoitar

Vigo apoia a Médicos Sin Fronteras na campaña de concienciación sobre refuxiados e migracións

Abel Caballero apuntou que Vigo quere ser "cooperador" absoluto nesta campaña que impulsa a Organización non Gobernamental e que inclúe diversas accións de concienciación como unha exposición que chegará á cidade no vindeiro mes de maio.

venres, 15 xan 2016
1452866211medicos.jpg
O alcalde recibiu esta venres a María Díaz, delegada de Médicos Sin Fronteras de Asturias, Galicia e León quen lle presentou a campaña de mobilización activa que desenvolverán en toda España sobre o problema dos refuxiados e das migracións en diversos países de todo o mundo. Van facelo con accións en toda España que inclúen exposicións en cinco concellos, entre eles Vigo, onde recalará a mostra no mes de maio.

O alcalde asegurou o apoio do Concello engadindo que "queremos ser cooperadores absolutos nesta campaña de concienciación sobre refuxiados, migracións masivas e diferentes situacións de emerxencias que está habendo en tantos países". O goberno municipal colaborará nas accións que se desenvolverán en centros educativos e no ámbito cultural e apunta a presenza da campaña no centro da cidade para que Vigo "viva durante uns días a concienciación sobre o drama de tantos países do mundo ao carón de Médicos sin Fronteras".
Descargar todas as imaxes