Escoitar

Inauguración exposición "TECIDO CRU. Deseñar e construír"

A Casa Galega da Cultura inaugura a mostra "TECIDO CRU. Deseñar e construír", organizada por ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia) e a Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo e que se poderá visitar ata o 21 de febreiro.

xoves, 14 xan 2016
1452778242expotecifo.jpg
O centro conceptual do que parte esta exposición áchase trazado polas accións de percibir e sentir o tecido. Enfrontarse ao tecido como á folla en branco por primeira vez. Valorar a súa trama, o como as fibras se organizan xa sexa a través de adherencias ou por entrelazado. Observar o aberto e pechado da unión, a súa aspereza ou suavidade, rixidez, maleabilidade, dureza ou fraxilidade. Ante un tecido cru, sen tinguir, sen estampar, estamos obrigados a ir cara a dentro para pensar o fóra, debemos observar e aproveitar as colidades que nos ofrece o material.

A mostra está comisariada polas profesoras da Universidade de Vigo Lola Dopico e Cristina Varela, e permanecerá aberta ao público ata o 21 de febreiro.
Descargar todas as imaxes

Máis información