Escoitar

Prórroga exposición Museo de Castrelos

A exposición "Estraño cotián. A colección de Artes Decorativas do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León", promovida pola Concellería de Cultura, que se desenvolve no Museo de Castrelos, amplía a súa apertura ao público ata o 26 de xuño.

mércores, 13 xan 2016
1452688704estrano.jpg
Esta exposición recupera unha serie de obxectos da colección de artes decorativas do Museo Municipal de Vigo, obras que teñen relación coa convivencia diaria das persoas e que, na súa maior parte, chegaron ao museo fóra do seu contexto orixinal.


Partindo desta idea elabórase un discurso diferente ao habitual que parte duns obxectos que, ainda que hoxe son estraños, noutro tempo foron cotiáns. Este aparente paradoxo é o que permite a súa visión como obras de "carácter maior", conferíndolles un novidoso e sorprendente protagonismo que chega ao espectador, á cultura e á mentalidade na que estes obxectos se crearon e utilizaron.
Descargar todas as imaxes